21 abril 2009

Fomento aún no da el brazo a tocer en cuanto al demandado refuerzo de los trenes de larga distancia con Galicia

O MINISTERIO RESPOSTA Á DEMANDA DE JORQUERA DE REFORZAR OS SERVIZOS DE LONGO PERCORRIDO EN VACACIÓNS QUE “ESTÁ A ESTUDAR A POSIBILIDADE DE INCREMENTAR A OFERTA DE TRENS DIURNOS”
O deputado do BNG dirixíase a Fomento para pedirlle un reforzo dos trens de longa distancia en periodos vacacionais para evitar os colapsos

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O Ministerio de Fomento vén de respostar ao deputado do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, que nas conexións Madrid-Galiza e viceversa, “está a estudar a posibilidade de incrementar a oferta dos trens diurnos en periodos vacacionais”.

Jorquera dirixíase nunha iniciativa parlamentar ao Ministerio de Fomento para demandarlle o reforze dos trens de longo percorrido a Galiza en periodos vacacionais como o verán.

O deputado do BNG sinalaba que “cada vez que chega a época estival, sobre todo de cara o mes de agosto, os viaxeiros que queren viaxar a Galiza desde Madrid ou desde Barcelona se atopan con moitas dificuldades para lograr un billete de tren”.

Colapso que se repite cada verán

Para Jorquera “o previsíbel aumento de demanda nesta época vacacional nunca é compensado por Renfe cun incremento da oferta, de modo que se reitera a habitual saturación e colapso na venda de billetes sen que a compañía adopte medidas con antelación para ofertar máis prazas e evitar así a conxestión”.

No resto da resposta, o Ministerio menciona os últimos cambios producido no parque ferroviario de longa distancia a Galiza. Así, alude á substitución do material do Estrella Madrid-Ferrol polo trenhotel e o incremento das prazas.
Respeito ás conexións con Catalunya, remite ao servizo do Alvia Barecelona-Vigo que se puxo en marcha en setembro do ano pasado, do que dí que reduciu os tempos de viaxe en dúas horas, ademáis de aumentar o número de prazas.
Para o deputado do BNG, os servizos ferroviarios de longa distancia con orixe e destino Galiza non deben ficar no descuido xa que están por debaixo das prestacións doutros servizos de longa distancia do Estado, tanto en tempos de viaxe como en prestacións. De aí a necesidade de melloralos.