21 abril 2009

Otro importante acontecimiento deportivo previsto para este fin de semana en Vigo

Máis de 500 deportistas participarán esta fin de semana no Campionato de España de Duatlón

VIGO (MORRAZO-tribuna) .-O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, anunciou este martes que máis de 500 deportistas participarán esta fin de semana, 25 e 26 de abril, no Campionato de España de Duatlón. O edil nacionalista animou á cidadanía a presenciar “unha proba deportiva de tan alto nivel que se celebra nun marco incomparable como é o parque de Castrelos e a avenida Clara Campoamor”.

“O Concello de Vigo ten que apoiar probas como esta, que están na elite deportiva e que conxungan a presenza de deportistas do máis alto nivel con deportistas de base”, salientou o concelleiro de Deportes. Neste sentido Alonso felicitou á Federación Galega de Triatlón, “polo traballo que ten feito para que a cidade acolla unha proba destas características, que non ten a dureza do triatlón pero que tamén é moi dura e na que participarán campións do ano pasado”.

O campionato comezará o sábado día 25, a partir das 15 horas, coa saía masculina dos grupos por idade 20-24, 25-29 e 30-34. Ás 15.10 horas será a saída do grupo de idade 35-39 e ás 15.25 horas terá lugar a saída da proba feminina. O domingo, 26 de abril, ás 10 horas comezarán será saída da proba feminina de elite e sub-23 e ás 12 horas está programada a saída da proba masculina de elite e sub-23.

O concelleiro de Deportes explicou que as probas a pé se disputarán no parque de Castrelos, mentres que as de bicicleta terá lugar na subida da avenida Clara Campoamor. Asemade, a saída, os boxes e a meta estarán ubicados no parque de Castrelos. Concederanse medallas aos tres primeiros clasificados en cada categoría e trofeos aos tres primeiros clubes elite e sub-23, aínda que haberá agasallos conmemorativos para todos os participantes no campionato.