Ruiz Rivas recorda que nin PSOE nin BNG amosaron interese algún pola paridade ao designar aos seus representantes na Mesa do Parlamento ou aos portavoces parlamentarios
"O PSOE TRATA DE OCULTAR A CONVULSIÓN QUE ATRAVESA NAS VÉSPERAS DO SEU CONGRESO ATACANDO A COMPOSICIÓN DUN GOBERNO AO QUE TEME POLO ELEVADO PERFIL DOS CONSELLEIROS"
"Despois de catro anos pelexados no bipartito, PSOE e BNG únense agora para facer unha oposición a cara de can na que nin sequera respetan os 100 días de gracia do novo Goberno"
VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- Uno de los parlamentarios mas agresivos de la pasada legislatura, Ruiz Rivas, del PP, reapareció hace unas horas en una dura defensa del nuevo gobierno que preside Núñez Feijóo, tras los primeros ataques de los socialistas. Aquí está Ruiz Rivas, de nuevo en su mejor :
"Nun intento de derivar a atención sobre a convulsión interna que atravesan as filas socialistas nos días previos ao seu congreso sucesorio e ante o temor de que poidan saír á luz datos comprometedores sobre as persoas chamadas a dirixir esa formación política, o PSPE galego lanzou un ataque inconsistente contra a composición do novo Executivo autonómico".
Manuel Ruiz Rivas, portavoz parlamentario do PPdeG, interpreta o ataque á composición do Goberno como unha mostra da debilidade e falta de cohesión interna dos socialistas galegos e do temor que suscita entre os seus militantes e dirixentes o perfil dos novos conselleiros: persoas de elevada cualificación profesional, acreditadas dotes para a xestión política e capacidade de traballo en equipo, cualidades das que careceu o bipartito de Touriño e de Quintana, que foi severamente castigado nas urnas.
OPOSICIÓN A CARA DE CAN
"Semella que, despois de catro anos de liortas permanentes no seo do bipartito, PSOE e BNG escenifican, nesta nova etapa, unha cohesión nunca antes vista para facer unha oposición a cara de can na que nin sequera teñen a consideración de ofrecer 100 días de gracia ao novo Executivo"
Para os populares galegos sorprende que tanto PSOE como BNG se preocupen agora pola igualdade nas institucións –manipulando a realidade- canto tal preocupación estivo ausente cando eles designaron aos seus representantes na Mesa do Parlamento de Galicia, órgano no que a única muller –a presidenta da Cámara, Pilar Rojo- milita nas filas do PPdeG. Esa preocupación tamén brillou pola súa ausencia cando designaron aos seus portavoces parlamentarios.
"E sorprende tamén que os principais responsables da crise económica que sofren en carne propia o conxunto dos galegos teñan como prioridade absoluta desgastar ao Goberno recentemente nomeado, en lugar de aceptar a oferta de diálogo e de consenso ofrecida en reiteradas ocasións polo presidente Feijóo para configurar unha estratexia de país que permita superar as serias dificultades actuais".