VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-Estos que a continuación siguen son los datos más relevantes en relación a la trayectoria hasta ahora de los nuevos conselleiros de la Xunta de Galicia. Veamos departamento a departamento :
CONSELLEIRO DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA. ALFONSO RUEDA VALENZUELA
Naceu no ano 1968. Está casado e con duas fillas. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago e ten o diploma de Directivo da Xunta de Galicia. Funcionario de Administración Local, con habilitación nacional, categoría superior.
- Foi secretario nos Concellos de Cervantes, A Cañiza, e Cambados.
- Secretario-Interventor da Mancomunidade de Paradanta.
- Xefe do Gabinete da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.
Ano 2000. Director Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia.
- Ano 2006. Secretario Xeral do PPdeG.
- Ano 2009. Elexido Deputado pola provincia de Pontevedra nas Eleccións Autonómicas.
CONSELLEIRA DE FACENDA. Marta Fernández Currás
Licenciada en Ciencias Empresariales pola Universidade de Santiago de Compostela. É Inspectora de Hacienda do Estado e interventora do Estado. Profesora Asociada de Facenda Pública e Sistemas Fiscais na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago.
- Administradora da Axencia Estatal de Administración Tributaria de Santiago de Compostela
- Vocal do Tribunal Económico Administrativo Rexional de Galicia
- Interventora Axunta Territorial de Pontevedra
- Delegada do Instituto de Estudios Fiscales en Galicia do Ministerio de Economía e Facenda
- Xefa da Dependencia Rexional de Recaudación da AEAT en Galicia
- Interventora Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia
- Inspectora na Delegación Central de Grandes Contribuintes
No ano 2006 foi vicedecana do Ilustre Colexio de Economistas de A Coruña e nomeada Economista do ano
CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS. Agustín Hernández Fernández de Rojas
Naceu no ano 1961, está casado é ten tres fillos. É enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos pola Universidade Politécnica de Madrid, na especialidade en Cimentos e Estruturas. Funcionario do Corpo facultativo Superior da Xunta de Galicia e diploma de Directivo da Escola Galega de Administración Pública.
- Ano 1987. Desempeñou diversas funcións técnicas na empresa CUBERTAS E MZOV, S.A. como Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos e como Subxefe do Departamento nº 3 en Pontevedra.
- Ano 1992. Enxeñeiro en funcións facultativas na Xunta de Galicia, contratado laboral
- Ano 1994. Xefe de Servizo de Construción da Subdirección Xeral de Infraestruturas Hidráulicas da Xunta de Galicia
- Ano 1994. Subdirector Xeral de Infraestructuras Hidráulicas
- Ano 1996. Xefe do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico do Organismo Autónomo Augas de Galicia.
- Ano 1998. Director Xeral de Obras Públicas da Xunta
- Ano 2005. Director de Construción de Sercoysa Proxectos e Obras, S.A.
- Ano 2006. Director de Desenvolvemento do Grupo Puentes
- Ano 2008. Director de Infraestruturas da Deputación de Pontevedra.
CONSELLEIRO DE ECONOMIA E INDUSTRIA. Javier Guerra Fernández
Naceu no ano 1964. Está casado e ten dous fillos. Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago. Realizou un master na Escuela Superior de Xestión Comercila e Marketin en Madrid; Master in Business Administration en California e; Diploma na Escuela de Dirección de Empresas de Madrid.
- Ano 1987. Consultora D.B.K.,S.A. (Grupo Internacional Italiano DATABANK). Madrid
- Ano 1989. Director Xerente para España e Portugal da División Home. Gruppo Financiero Tessile, G.F.T.Moda de España Madrid
- Ano 1991. Director Comercial de Steilman Iberica
- Ano 1992. Director Comercial do Grupo Alfico, S.A.
- Ano 1996. Director Footwear de American Nike Iberia, S.A.
- Ano 1998. Director Comercial Xeral de Camper (Grupo Coflusa, S.A.) en Mallorca
- Ano 1999. Director Xeral de Brasopi, S.A en Porto (Portugal)
- Ano 2000. Director Xeral de Grupo Alfico, S.A. en Vigo
- Ano 2002. Consejero Delegado. Director Xeral Skechers USA Iberia, S.A en Madrid
- Ano 2002. Propietario e administrador único de “El Secreto del Mar, S.L.” en Vigo
Foi Presidente Provincial de NN.XX. de Pontevedra e de Galicia. Foi membro fundador del Consello de Xuventude de Galicia e da ejecutiva do Consello da Xuventude de España
Foi concelleiro Delegado de Economía, Facenda, Personal, Patrimonio e Contratación en Vigo e, ata hoxe, Deputado por Pontevedra no Congreso dos Deputados en Madrid.
CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA. Jesús Vázquez Abad
Naceu no ano 1967. Estudiou Ciencias Económicas e Empresarias na Universidade de Santiago e doctorouse en Ciencias Económicas e Empresariais na Universidade de Vigo.
- Profesor tutor da UNED en Ourense
- Ex – decano da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense
- Actualmente é deputado no Congreso e Portavoz Nacional do PP de Universidades.
Realizou actividade investigadora; traballos científicos; libros e monografías; así como diversas comunicacións e ponencias presentadas en Congresos. Impartiu cursos e seminarios en diversas Universidades.
CONSELLEIRA DE SANIDADE. Pilar Farjas Abadía
Casada e con dous fillos. Licenciada en Medicina e Cirurxía na Universidade de Zaragoza, Especialista en Medicina Preventiva e Saude Pública. Diploma en Estudios Avanzados pola Universidade da Coruña dentro do Programa de Doctorado de Medicina, licenciada en Socioloxía pola UNED, Médico de Empresa, Master en Bioestadística.
- Médico de Sanidade Nacional no Ministerio de Sanidade y Consumo, como responsable do Plan Nacional de Hemoterapia.
- Ano 1992. Servicios de Sanidade Exterior da Coruña.
- Ano 1993. Xefe de servicio e subdirectora de protección da saude.
- Ano 1997. Directora Xeral de Saude Pública na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.
- Ano 2001. Médico da Unidade de vacinas do servicio de Medicina preventiva e Saude Pública do Complexo Hospitalario “Juan Canalejo”.
- Ano 2002. Directora Executiva da Axencia Española de Seguridade Alimentaria do Ministerio de Sanidade e Consumo en Madrid
- Ano 2004. Gabinete da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos
- Ano 2005. Xefa de servicios de Productos sanitarios da Consellería de Sanidade.
- Actualmente concelleira do PPdG no concello de A Coruña e deputada provincial.
CONSELLEIRO DE CULTURA E DEPORTE. Roberto Varela Fariña
Nacido no ano 1959. É licenciado en Filosofía pola Universidad de Barcelona; licenciado en Relacións Internacionais por I.L.E.R.I. (PARIS) e diplomático dende o ano 1989.
- Ano 1990. Ingresa no Servicio Activo no Ministerio de Asuntos Exteriores como Xefe de Area de Relacións Económicas con Iberoamérica, dentro da Dirección Xeral de Relacións Económicas Internacionais;
- Ano 1.994. Nomeado por concurso como Conselleiro da Embaixada de España en Bonn, encargado de Política Interior de Alemania.
- Ano 1999. Ocupa a Segunda Xefatura da Embaixada de España en Kuwait, encargado de asuntos políticos, consulares e culturais.
- Ano 2001. Nomeado Subdirector Xeral de Cooperación e Promoción Cultural Exterior na Dirección Xeral de Relacións Culturais e Cientificas.
- Ano 2004. Consul de España en Nueva York. Encargado dos Asuntos Culturais. Relacións coa Universidade e Institucions Educativas Norteamericanas; colaboracions con Institucions artísticas e Culturais: MoMA, Metropolitan Museum, Lincoln Center, Carnegie Hall; diseño de programas para a promoción cultural das Comunidades Autónomas e; elaboración e execución do Programa Cultural do Consulado Xeral de España en Nueva York.
CONSELLEIRA DE TRABALLO E BENESTAR. Beatriz Mato Otero.
Naceu no ano 1965. É inxeñeira industrial con especialidade en Organización Empresarial, na Escuela Técnica Superior de Inxeñeiros Industriais de Bilbao. Ten o master de dirección e administración de empresas MBA por la Escuela de Negocios MBA homologado pola Universidade de A Coruña
- Ano 1989. Técnico de Sistemas na multinacional IBM
- Ano 1990. Técnico Comercial da multinacional RANK XEROX ESPAÑA S.A.
- Ano 1993. Técnico do departamento de calidade na empresa de inxeñería NORCONTROL S.A..
- Ano 1994. Forma parte do IGAPE, Instituto Galego de Promoción Económica, ente público adscrito á Consellería de Economía e Facenda.
- Ano 1997. Pon en marcha a Unidade de Información empresarial, adscrita á Dirección Xeral Axunta do IGAPE
- Ano 2000. Delegada da Oficina Territorial do Igape na Coruña.
- Ano 2002. Delegada Provincial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos na Coruña.
- Ano 2005. Diputada no Parlamento de Galicia. Na VII Lexislatura ocupou a Portavocía de Traballo.
CONSELLEIRO DE MEDIO RURAL. Samuel Juárez Casado
Naceu no ano 1962, está casado e ten dous fillos. Licenciado en Veterinaria, Especialidade de Bromatoloxía, Sanidade e Tecnología de los Alimentos na Universidade de León e Diplomado en Sanidade na Escuela Nacional de Sanidade de Madrid. É funcionario do Corpo Nacional Veterinario.
- Ano 1988. Coordinador das campañas de saneamento gandeiro na Xunta de Galicia.
- Ano 1990. Xefe de Sección de Sanidade Exterior no Ministerio de Sanidade e Consumo en Vigo
- Ano 1991. Subdirector Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras na Xunta de Galicia
- Ano 1993. Director Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras da Xunta de Galicia.
- Ano 1996. Secretario Xeral de Pesca Marítima do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación en Madrid
- Ano 2002. Conselleiro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Embajada de España, Washington DC., EEUU.
- Ano 2008. Asesor do Gabinete do Secretario de Estado de Medio Rural e Auga do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Marino.
Ten a Gran Cruz da Orde do Mérito Pesqueiro e a Ordre du Mérite Agricole da República Francesa.
CONSELLEIRA DO MAR. Rosa Quintana Carballo
Naceu no ano 1959. É licenciada en Ciencias Biolóxicas na Universidade de Santiago de Compostela. Doctorado en Biolóxia coa tese “Contribución ao coñecemento do desenvolvemento gonadal do mexillón galego cultivado”
- Ano 1987. Comeza a traballar como funcionaria na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura como Inspectora Pesquera
- Ano 1989. Ocupa o posto de Xefa de Sección de Inspección Pesquera
- Ano 1992. Nomeada Xefa de Servicio de Marisqueo.
- Ano 1997. Ocupa o posto de Delegada Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo
- Ano 2001. Nomeada Directora Xeral de Innovación e Desarrollo Pesquero da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
Desde a súa licenciatura ata a actualidade participou como ponente en diversos cursos relacionados co mundo da pesca e publicou distintos traballos, tamén relacionados coa pesca, o marisqueo e a acuicultura.
No ano 2007, participou como experta da U.E. na celebración de seminarios sobre lexislación alimentaría na U.E. para productos da pesca e a acuicultura en Puerto Varas Chile.