01 abril 2009

Valga se beneficia del plan de ayuda de Deputación

DURÁN E MANEIRO RUBRICAN O CONVENIO QUE POSIBILITARÁ A ADQUISICIÓN DUN MINIBUS DE 17 PRAZAS PARA O CONCELLO DE VALGA

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O vicepresidente da Deputación, José Juan Durán, asinou hoxe un convenio de colaboración co alcalde de Valga, José María Bello Maneiro que terá por obxecto a adquisición dun vehículo para o Concello.

Así, a entidade local terá acceso a un vehículo da marca Citröen modelo Jumper minibus de 17 prazas. Este vehículo ten un custe de 43.880 euros, non obstante, deste orzamento, a Deputación asumirá o 23,1%; Caixanova outro 23,1% e, pola súa banda, a entidade automobilística Citröen realizará un desconto no prezo do 30,7% de xeito que, finalmente, o Concello de Valga asumirá a contía restante, outro23%.

Segundo explicou José Juan Durán, esta acción enmárcase nun plan impulsado pola Deputación en colaboración con Caixanova e Citröen que terá por obxecto a concesión de vehículos a 80 entidades asistenciais e deportivas da provincia sen ánimo de lucro. A institución provincial está a investir nesta iniciativa un orzamento de preto de tres millóns de euros.

O vicepresidente comentou finalmente que esta acción, ademais de satisfacer unha demanda recorrente por parte dos colectivos sociais e deportivos da provincia, tamén contribuirá á reactivación económica de sectores clave na economía provincial como é o da automoción e xerar emprego nestes momentos de crise económica.

Compre destacar que o Concello de Valga utilizará este vehículo para a prestación de servizos para o municipio.