16 febrero 2009

35 accidentes en la provincia de Pontevedra en el fin de semana

O 061-GALICIA ASISTIU A 110 PERSOAS POR 81 ACCIDENTES DE CIRCULACIÓN DURANTE A FIN DE SEMANA
-Dende as 15:00 horas do 13 de febreiro ás 23:59 horas do domingo 15 de febreiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias recibiu 103 chamadas por accidentes de tráfico.

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a un total de 110 persoas debido a 81 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 13 de febreiro, ata as 23:59 horas do domingo, 15 de febreiro. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado con 33 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días103 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 81 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 110 persoas.

A proporción de homes atendida foi do 69 por cento e a de mulleres do 31 por cento. Nas idades dos feridos, obsérvase que un 59 por cento dos atendidos ten entre os 20 e os 39 anos.

Por provincias foi a de Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 35 sinistros durante os desprazamentos destas datas.