15 febrero 2009

Opinión : CC.OO. y el aire que corre para facilitar los despidos...

Manifiesto de la Unión Sindical de Comisiones Obreras que hoy publica MORRAZO-tribuna :
EN CCOO CONSIDERAMOS QUE A PROPOSTA DE CEOE DE ABARATAR O DESPIDO XERARÍA MAIOR DESEMPREGO.
CCOO aposta por chegar a acordos que faciliten a viabilidade das empresas e elo non pode pasar pola eliminación dos dereitos dos traballadores e traballadoras

A Unión Comarcal de CCOO de Vigo, rexeita a “receita neoconservadora” realizada por CEIM e avalada por CEOE e o gobernador do Banco de España, sobre o “contrato anticrise” porque entendemos que a crise non foi xerada nin polos salarios dos traballadores e traballadoras nin tampouco polos custos laborais, incluíndo a contía das indemnizacións por despido.

Para CCOO os esforzos tanto do Goberno como dos interlocutores sociais terán que centrarse en evitar a destrucción de emprego, propoñendo medidas que incentiven a inversión pública en infraestruturas, que garantan a utilización de liña de crédito do ICO, entre outros, así como garantir a protección social das persoas en desemprego e en particular dos colectivos máis vulnerables.

O contrato proposto pola CEIM e avalado por CEOE que inclúen un despido de 20 días, non é unha medida dirixida precisamente a evitar a destrución de emprego, moi polo contrario, o que conleva é que o abaratar os custos se teña a “tentación” de eliminar postos de traballo e con elo contribuír a unha maior xeración de desemprego.

CCOO aposta na mesa de Diálogo Social, por chegar a acordos que faciliten a viabilidade das empresas, pero isto non pode pasar pola eliminación dos dereitos dos traballadores e traballadoras.