15 febrero 2009

Ultimos días para solicitar el voto por correo para las elecciones del 1-M

A ORGANIZACIÓN NACIONALISTA GALIZA NOVA DIFUNDE INFORMACIÓN SOBRE O VOTO POR CORREO
Galiza Nova chama á mobilización da mocidade para votar nas próximas eleccións

PONTEAREAS (MORRAZO-tribuna) .- A Organización Xuvenil do BNG en Ponteareas vén de anunciar o inicio do reparto de información na localidade sobre o voto por correo, que se poderá solicitar até o próximo 19 de Febreiro en calquera oficina de Correos.

Galiza Nova recorda que a mocidade pode recurrir ao voto por correo no caso de non poder acercarse á súa localidade o día da votación. “Votar por correo garántenos a posibilidade de participar nunhas eleccións moi importantes para o País, pois permitirán que o cambio transformador que sufriu o goberno galego coa chegada do BNG fai case catro anos se consolide agora”, indicou Yanara Porto, Responsable local de Galiza Nova.

Galiza Nova considera que a participación da mocidade nos próximos comicios é clave para consolidar o cambio e permitirá avanzar nos que se levan producido até agora no eido da mocidade. A política galega en relación coa mocidade xirou radicalmente, coa implantación, por exemplo, da Rede Galega de Locais de Ensaio, os centros de asesoramento afectivo-sexual Quérote, as políticas de alugueiro e de posta en valor do medio rural, ...

A organización xuvenil recorda que o proceso para votar por correo é totalmente gratuito e pode solicitarse en calquera oficina de Correos. Para difundir a posibilidade de votar por correo, a organización da mocidade do BNG repartirá máis de mil tarxetóns con información pola Vila de Ponteareas durante os próximos días.

Ademais, Galiza Nova prepara actividades especificamente dirixidas á mocidade durante a campaña electoral, coa edición de material propio.