15 febrero 2009

Touriño, a vueltas con la frasecita que más le gusta : "o cambio"

O PRESIDENTE DA XUNTA SALIENTA QUE “O CAMBIO” SUPUXO REORIENTAR OS FONDOS EUROPEOS PARA ACELARAR “AGORA SI” A CONVERXENCIA CON ESPAÑA E EUROPA
-Comprende que a Unión Europea “fiscalice” os seus investimentos e destaca que foi o seu Goberno o que estableceu criterios e impuxo un control sobre o destino dos fondos
-“Hai veces que se pregunta que é o cambio; o cambio é reorientar os fondos europeos para sanear as rías de Galicia, investir para reducir diferenciais con Europa e España”, destacou
-Explica que na actualidade estes fondos se destinan basicamente a I+D+i e a grandes infraestruturas
-Lembra que o PP deixou dúas herdanzas “brillantes”: unha ría de Vigo sen sanear e a Unión Europea multando a España; e unha “chuvia fina de obriñas clientelares espalladas polo país” sen ningunha produtividade
-“Os fondos europeos foron utilizados como unha regadeira, como esa chuvia fina que ao final era pura chuvia ácida e que en nada axudou ao país”, remarcou

COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna) .- ”Hai veces que se pregunta que é o cambio; o cambio é reorientar os fondos europeos para sanear as rías de Galicia, e investir para que aceleradamente, agora si, converxamos con España e con Europea e reduzamos diferenciais”. O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, asegurou que comprende que a Unión Europea “fiscalice” as obras financiadas con fondos europeos nos tempos do Goberno do PP e remarcou que tivo que vir outro Goberno “para cambiar as cousas”.

“Comprendo e paréceme ben que a Unión Europea fiscalice. Nós establecimos criterios e control sobre os proxectos que financiamos con fondos europeos”, remarcou o presidente da Xunta, quen explicou que, basicamente, na actualidade estes fondos se empregan para I+D+i e para financiar as grandes infraestruturas deste país. “Entre outras cousas, os fondos destináronse ao saneamento da ría de Vigo que nos deixaron como nos deixaron”, afirmou Pérez Touriño.

Utilizar os recursos para “tecer rede, para seguir aí”
O presidente galego destacou que de Bruselas o PP deixou “dúas herdanzas brillantes”. “Dunha parte unha chuvia fina, eu diría que ácida, de obriñas clientelares espalladas polo país adiante e cuxa produtividade e servizo ao país foi escaso, por ser suaves”, asegurou Touriño quen explicou que o seu Goberno tamén recibiu outra herdanza, “unha ría de Vigo sen sanear e a Unión Europea multando e expedientando a España e a Galicia”.

Touriño engadiu que esta “mala, ineficiente e desgraciada” utilización dos recursos lle serviu ao PP para “tecer rede e seguir aí, pero non para que o país avanzara”. “Os fondos europeos foron utilizados con unha regadeira, como esa chuvia fina que ao final era pura chuvia ácida e que en nada axudou ao país”, concluíu o presidente da Xunta.