16 febrero 2009

Cinco heridos en un
accidente en Cambados

PRINCIPAIS ACTUACIÓNS DE URXENCIAS SANITARIAS 061-GALICIA DURANTE A XORNADA DE HOXE, 16 DE FEBREIRO DE 2009 ATA AS 14.00 HORAS
-O servizo de xestión das urxencias extrahospitalarias do Goberno galego atendeu catro accidentes de tráfico e outras 141 urxencias

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O Servizo de Urxencias Sanitarias 061-Galicia atendeu un total de catro accidentes de tráfico e outras 141 urxencias entre as 00:00 horas e as 14:00 horas de hoxe. Ademais das actuacións de accidentes de tráfico, o 061-Galicia acudiu a 141 chamadas de urxencias que mobilizaron recursos, e rexistrou 323 consultas telefónicas. O máis salientable:

-Ás 7:42 a Central de Coordinación de Chamadas do 061-Galicia recibiu un aviso dun accidente de tráfico no concello de CAMBADOS, na saída dirección Ribadumia. Para atender as vítimas, Urxencias Sanitarias de Galicia mobilizou catro ambulancias, que logo dunha primeira valoración, trasladou a cinco varóns. A.P.J., de 49 anos e R.V.A. de 30a nos ao Hospital do Salnés; A.M.V. de 41 anos e A.J.D. de 60 anos a un centro sanitario privado de Pontevedra e a R.R. L. De 60 anos ao Complexo Hospitalario de Pontevedra.