"O discurso cultural do BNG está lastrado pola xestión de Ánxela Bugallo, que distribuiu os seus esforzos entre as vacacións caribeñas e os contratos a dedo a persoas vinculadas ao nacionalismo".
Rueda recorda a Quintana que a política cultural do BNG pasará á historia polo exceso de mojitos
VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- El PP volvió esta tarde a la carga. Su enésimo comunicado-denuncia viene a ser este : O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, recórdalle a Anxo Quintana que a política cultural do BNG pasará á historia asociada aos excesos da aínda a conselleira do ramo, Ánxela Bugallo, nomeada directamente por Quintana. Os antecedentes da política cultural do BNG fai que calquera proposta que os nacionalistas podan efectuar neste ámbito xurda nula de credibilidade ante o conxunto da sociedade galega.
“En lugar de facer agora propostas grandilocuentes que non se van materializar por imperativo da urnas que van outurgar maioría absoluta ao PPdeG, Anxo Quintana debería ter reacccionado a tempo durante a lexislatura que agora rematada”, afirma Rueda.
Sen embargo, a indolencia amosada por Quintana ante os excesos de Bugallo converte ao candidato do BNG en cómplice dos centos mojitos sufragados pola Xunta na Habana, das vacacións caribeñas de Ánxela Bugallo e doutras máis de 200 persoas, dos contratos a dedo adxudicados pola conselleira de Cultura a militantes e simpatizantes nacionalistas, incluída a empresa do irmán do conselleiro de Industria e candidato por Lugo, Fernando Blanco, ou dos chiringuitos como a AGADIC, credada para brlar os controis establñecidos e efectuar contrados a dedo.