O goberno de Arévalo inicia o pago da débeda contraída polos anteriores dirixentes municipais
-Comenzará pagando un millón de euros dos tres millóns que se lles quedaron a deber a proveedores do Concello
MOS (MORRAZO-tribuna) .- O Concello de Mos vese obrigado a levar a cabo unha operación de tesourería por valor dun millón de euros para saldar débedas contraídas polo anterior equipo de goberno.
A Tesourería Municipal do Concello de Mos deu a voz de alarma sobre a insuficiencia dos fondos existentes nas arcas para afrontar o pago de facturas pendentes xa aprobadas. Para chegar á aprobación de ditas facturas foi necesario que se producise o cambio de goberno acontecido o pasado mes de Decembro de 2008, feito que quedou demostrado ó ser aprobadas moitas delas a partires desa data. Ante esta situación de emerxencia, o equipo de goberno local viuse na obriga de realizar unha operación de tesourería por valor dun millón de euros para cubrir parte desta débeda. A cantidade total constatada por Tesourería resultante de impagos a pequenos proveedores dende o ano 2005 ata o 2008 ascende a dous millóns e medio de euros.
“Con este millón de euros iremos facendo fronte a parte das débedas coas que nos atopamos ó chegar ó goberno”, declarou hoxe Nidia Arévalo, Alcaldesa de Mos, quen tamén adiantou que “ademais da débeda de dous millóns e medio de euros correspondente a facturas xa aprobadas e pendentes de pago, hai a maiores facturas pendentes de aprobar e sen pagar por valor de máis de medio millón de euros”; polo que en total se deben tres millóns de euros. Entre os proveedores ós que o Concello de Mos lles debe cartos e as súas facturas están aínda pendentes de aprobación atópase FENOSA, empresa encargada do suministro eléctrico do Concello e que está a espera de recibir unha contía total de 180.000 euros.
Arévalo informou, ademais, de que “entre os meses de Marzo e Abril o Concello comenzará a saldar a débeda pendente cos proveedores, por orde de antigüedade, mediante o uso deste millón de euros concedido por unha entidade bancaria”.