16 febrero 2009

Jorquera pide el traspaso a Galicia de las autopistas AP-9 y AO-53

O PLENO DO CONGRESO DEBATIRÁ MAÑÁ UNHA MOCIÓN DO BNG QUE PEDE AO GOBERNO O INICIO DAS XESTIÓNS PARA TRASPASAR A GALIZA AS FUNCIÓNS DAS AUTOESTRADAS AP-9 E AO-53
Esta moción é consecuencia da interpelación que Jorquera dirixiu á Ministra de Fomento a semana pasada

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O Pleno do Congreso dos Deputados vai debater mañá martes, día 17 de febreiro, unha moción do deputado do BNG, Francisco Jorquera, que insta ao Goberno a iniciar de imediato un calendario de interlocución coa Xunta para traspasar a Galiza as funcións e servizos correspondentes ás autoestradas AP-9 e AP-53.

Ademáis, o BNG pede a reducción da peaxe da AP-53 e que se obrigue ás concesionarias a cumprir o contrato da concesión

Ademáis, na súa moción Jorquera demanda ao Ministerio de Fomento que empece as xestións coa concesionaria da AP-53 para reducir o importe da peaxe.
Nun último punto, o deputado nacionalista pede que se obrigue ás concesionarias de autoestradas, en particular da AP-9, a garantir o cumprimento das obrigas establecidas no contrato da concesión a fin de que os usuarios teñan un bón servizo.

Esta moción será obxecto de debate en Pleno a partir de aproximadamente as 18.00 horas, e pódese seguer en directo na web do Congreso: www.congreso.es