Llegan tarde, mal y arrastro. Pero hay quien brinda por el éxito...
A CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA CELEBRA A CONCESIÓN DE DOUS MERCANTÍS A GALICIA PARA 2009
-Un deles crearase na Coruña, o número 2, e o outro en Vigo, que será o número 3 de Pontevedra con sede na cidade olívica
COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna).- A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza celebra a concesión a Galicia de dous xulgados do mercantil para este ano. Un deles crearase na Coruña –pasando a ser o número 2- e outro en Vigo –que será o número 3 de Pontevedra, pero con sede na cidade olívica-. Así se establece no Real Decreto aprobado hoxe polo Consello de Ministros. O novo mercantil da Coruña entrará en funcionamento a partires do 1 de abril. Por iso, este departamento autonómico recoñece o labor do Ministerio de Xustiza e a súa receptividade ante as propostas do Goberno galego.
Con estes dous novos xulgados, o Goberno central atende a proposta realizada desde a Consellería de Presidencia, a través da Dirección Xeral de Xustiza. A Administración galega expresou en numerosas ocasións e en diversos foros a necesidade destas novas unidades xudiciais, atendendo o seu compromiso coas empresas de cara a axilizar os procedementos afectados pola Lei Concursal, co fin de reducir os tempos de tramitación e abordar con máis celeridade os procedementos derivados do elevado número de empresas que se acollen á dita Lei.
A creación destes órganos do mercantil era un obxectivo xusto e necesario, que se vai facer realidade este ano grazas ao bo facer das administracións autonómica e central, recollendo o sentir das forzas económicas.