16 febrero 2009

La Federación de Asociaciones de Vecinos asesora en Vigo las reclamaciones contra Fenosa

A Federación Veciñal de Vigo xa ten a disposición da cidadanía afectada o modelo de reclamación contra as facturacións de Fenosa
-Os escritos xa poden recollerse no local da FAVEC na Praza da Princesa nº7, 2º andar en horario de oficina ou descargarse na web www.favec.es. A partir do luns tamén as asociacións veciñais federadas terán dispoñibles os modelos para todas as persoas afectadas

VIGO (MORRAZO-tribuna) .- A FAVEC facilita desde hoxe os modelos de reclamación para todas aquelas persoas que están a recibir facturas desorbitadas logo das estimación á baixa do mes anterior. O modelo simplifica moito as reclamacións xa que recolle as irregularidades que presentan as facturas con estimacións á baixa. Basta con rechear os datos da persoa afectada e os números da factura, logo deben presentarse copia da reclamación, das facturas destes dous meses e do resumo da facturación anual de 2008 nas oficinas de Unión Fenosa.

A Federación Veciñal pide á cidadanía que, unha vez presentadas en Fenosa as reclamacións, acheguen unha copia das mesmas para presentar un recurso colectivo ante os Ministerios de Industria e de Consumo así coma nas Consellerías de Industria e Consumo da Xunta de Galicia solicitando:

1.- Que nos expedientes informativos ás compañías eléctricas a través da Comisión Nacional da Enerxía (CNE), se elabore un informe para determinar como se realizou a facturación destes períodos.

2. Instar á Consellería de Industria a sancionar as accións irregulares nas que incurriran as Compañías, obligando ás compañías a devolver de oficio sen necesidade de reclamación previa as cantidades irregularmente cobradas.

3. Que o Ministerio de Industria (e tamén que a Consellería o solicite ao Ministerio) a elaboración dun novo Decreto e Orden (ou modificación dos vixentes) que estableza unha forma exacta e inequívoca de calcular a facturación (xa que o vixente Decreto instaura de maneira tácita a lectura estimada e mentras non se modifique lexislativamente non queda máis remedio que seguir con este sistema absurdo e de interpretación arbitraria por parte das compañías eléctricas).

4. A inmediata eliminación dos recargos para os supostos excesos de consumo (calculados irregularmente) mentras non exista un control real dos mesmos.