15 febrero 2009

Rueda Valenzuela recuerda a ZP que el coche de Touriño es más caro que el de Obama

O secretario xeral do PPdeG recorda a Zapatero que ten un longo abano de cacicadas onde escoller no bipartito, incluíndo a trama de axentes electorais pagados con fondos públicos
Rueda insta a ZP que concrete a qué caciques se refire, se ao que mercou un coche máis caro que o de Obama ou o que outorga postos a dedo na Xunta
-Lamenta que ZP desaproveite a súa incursión electoral para informarse sobre os vertidos velenosos provocados pola Xunta na Areosa e que poderían estar botando disruptores hormonais no río que abastece a Santiago

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, insta a Zapatero a que concrete a qué caciques se referiu esta mañá na Coruña dado o amplo abano de cacicadas -algunhas delas constitutivas de presuntos delictos- cometidas polo bipartito en Galicia ao longo dos últimos catro anos.

Así, Rueda Valenzuela recorda que cando Zapatero fala de caciques pódese estar referindo ao polo de agora presidente da Xunta, o socialista Pérez Touriño, por ter mercado un coche máis caro que o de Obama e levar derrochado 7 millóns de euros de todos os galegos nos seus caprichos de novo rico, remodelando despachos e salas de reunións.

CACICADAS CO VOTO EMIGRANTE

Pero Zapatero poderíase estar referindo tamén á trama de axentes electorais do PSOE na emigración, financiada con fondos públicos xestionados pola Consellería de Traballo; ou á sucesión de cacicadas impulsadas por Anxo Quintana ao colocar a dedo na Xunta a centos de simpatizantes e militantes do BNG, que aportan como principal mérito as súas ideas políticas.

UN CACIQUE ASEDIADO POLAS IMPUTACIÓNS DE SOGAMA

O secretario xeral do PPdeG vai máis aló e agrega que Zapatero tamén se podería estar referindo ao proceder caciquil do conselleiro de Medio Ambiente, e número 1 do PSOE por Ourense, Pachi Vázquez, como principal responsable político da desfeita ambiental, sanitaria e económica propiciada polo presidente de Sogama, José Álvarez, ao que protexe, a pesar de que pesa sobre el a sospeita dun presunto delicto continuado contra o medio ambiente e os recursos naturais polo que xa están imputadas 11 persoas vinculadas a esa empresa pública.

Con todo, Rueda Valenzuela lamenta que Zapatero se vaia de Galicia sen pedir explicacións polos consecuencias dos vertidos tóxicos efectuados desde o vertedoiro de Sogama da Areosa que, segundo o publicado hoxe, poderían estar contaminando con disruptores hormonais (substancias químicas extremadamanete tóxicas, e con efectos nocivos a longo prazo sobre animais e persoas) un curso fluvial que abastece de auga a poboacións como Santiago de Compostela, entre outras.