01 abril 2009

Stop a las comisiones bancarias abusivas que tanto proliferan : el Gobierno tiene la palabra

O BNG DEMÁNDALLE AO GOBERNO QUE INTERVEÑA PARA FREAR AS COMISIÓNS BANCARIAS ABUSIVAS
Xosé Manuel Pérez Bouza denuncia que nos últimos catro anos “as comisións que cobran aos clientes as entidades financeiras aumentaron unha media dun 50%”

MADRID (MORRAZO-tribuna) .- O senador do BNG por designación autonómica, Xosé Manuel Pérez Bouza, ven de presentar unha iniciativa na Cámara Alta pola que lle solicita ao Goberno que interveña para frear as comisións abusivas que están a cobrar os bancos, que nos últimos catro anos encarecéronse unha media do 50%.

Pérez Bouza denuncia que “o descenso das marxes financeiras básicas que están a experimentar bancos e caixas de aforros compénsano cun encarecemento desmedido das súas comisións, todo para continuar co seu substancioso nivel de beneficios”.

Encarecementos que superan de media o 50% nos últimos catro anos

O senador nacionalista lembra que, tal e como revela o último balance pechado do Banco de España referido aos nove primeiros meses de 2008, “as comisións bancarias subiron de media un 50% dende o ano 2005”. Isto supuxo uns ingresos para o sector financeiro duns 1.300 millóns de euros ao mes en 2008.

Pérez Bouza pon exemplos deste encarecementos que está a prexudicar directamente á maioría da sociedade: en 2008 a comisión por apertura dunha conta corrente subiu máis un 7% con respecto a 2007; a comisión por transferencia dentro dunha mesa cidade encareceuse un 6,3% ou a comisión por sacar diñeiro cunha tarxeta nunha entidade diferente á do cliente pero pertencente á mesma rede incrementouse un 18%. E ter unha conta en números vermellos supón un custo medio de 10,05 €, un 23% máis que en 2007.

“Os consumidores atópanse indefensos ante estes abusos”

O senador do BNG denuncia a “indefensión” na que se atopan os clientes, xa que “as alternativas son ou negociar directamente co banco ou denunciar á propia entidade ante o Banco de España”. Porén, esta opción ten escasas posibilidades de éxito xa que “cada entidade ten liberdade para fixar as tarifas das súas comisións bancarias, que poden serán moi caras, pero non ilegais”.

“É necesario actuar contra esta forma antisocial da banca de manter os seus beneficios”

Ante esta situación, Xosé Manuel Pérez Bouza pregúntalle ao Goberno se “coincide en que esta forma antisocial da banca de manter o seu nivel de beneficios prexudica gravemente á maioría da poboación, (...)que se atopa nunha situación de indefensión ante estas comisións abusivas”.

Por iso, o representante do BNG pregúntalle ao Goberno se “non considera máis necesaria que nunca unha intervención pública par que evitar esta situación”.