23 abril 2009

Redondela : el PP exige voz para la juventud por parte del Gobierno Municipal

O PARTIDO POPULAR DE REDONDELA INSTA A QUE SE CONVOQUE O CONSELLO MUNICIPAL DE XUVENTUDE -
Os populares esixen ó goberno local esta necesidade de “darlle voz” á mocidade do municipio -
REDONDELA (MORRAZO-tribuna) .- Tomando o grao de participación cidadá como un síntoma de transparencia democrática e sendo especialmente importante a necesidade de implicación e participación directa da xuventude nas políticas dirixidas a esta que se fagan dende o Concello, o Partido Popular de Redondela esixe ó goberno local “que se tome un acordo para que se convoque o Consello Municipal da Xuventude”, sinala a concelleira Laura Alonso. “Sendo Redondela o cuarto municipio da provincia en densidade de poboación, é lóxico que conte cun activismo no referente ao movemento asociacionista”.

En Redondela existe un número importante de asociacións de diversa índole: xuvenís, deportivas, culturais, ecolóxicas... “que precisan dun foro ó que poder levar as súas inquedanzas, preocupacións, propostas e onde poidan ter voz”, explica Alonso. O feito de que a mocidade poida participar adquire unha relevancia aínda maior “cando atreavesamos unha época, como a actual, chea de dificultades na que está a ser un dos sectores máis castigados”, apunta a concelleira popular.

Presentación dunha moción ao Concello
Por todas estas razóns expostas, o PP local proporá no vindeiro pleno, o mércores 29 de abril, unha moción ao Alcalde/Presidente do Concello de Redondela co obxectivo de que se tome un acordo de goberno para que, a lo menos unha vez cada tres meses, se convoque o Consello Municipal da Xuventude cunha composición igual á que xa ten, isto é: un representante da Administración Autonómica; un representante de cada grupo político, formen ou non parte da corporación; un representante de cada asociación xuvenil ou asociacións que contemplen a mocidade como parte integrante da mesa e, finalmente, un representante de cada sindicato.