PONTEAREAS (MORRAZO-tribuna) .- Os colectivos sociais de Angoares, Arcos e Fontenla presentaron alegacións conxuntas ao Plan Vigo Íntegra, rechazando e esixindo que se retire este Plan e que se elabore un novo. Os colectivos recoñecen que un Plan de estradas é necesario pero que os trazados elixidos teñen un grave impacto social, por afectar a un gran número de vivendas.
Os colectivos sociais de Angorares, Arcos e Fontenla síntense indefensos ante a decisión da Consellería de Política Territorial de trazar a circunvalación sobre as suas parroquias sen antes ter tido en conta a opinión dos veciños/as. O goberno municipal nunha actitude pouco responsábel, por non defender os intereses dos veciños/as, non informou aos colectivos sociais da exposición pública do Plan Vigo Íntegra, privando a moitos veciños e veciñas de alegar en tempo e forma.
De igual maneira que cando se redactou o PXOM en Ponteareas non hai un estudio de campo a hora de redactar o Vigo Íntegra, posto que, o que aparece grafiado nos planos non ten nada que ver coa realidade. A Consellería de Política Territorial utiliza planos antiguos nos que non aparecen as vivendas que se ven afectadas por este vial, afirman os representantes dos colectivos.
Segundo os veciños/as, a circunvalación ao seu paso por estas tres parroquias é o mesmo trazado que no seu día aparecía no PXOM, plan que foi rechazado por todos os veciños/as e colectivos das parroquias afectadas.
Hoxe atopámonos na mesma situación, sendo os colectivos sociais os que teñamos que defender os intereses das nosas parroquias, por ter un goberno municipal que fai deixación de funcións ao non defender aos veciños/as.
Os veciños de Arcos, Angoares e Fontenla non descartan mobilizarse se a Conselleira de Política Territorial non elimina ese trazado de circunvalación.