REDONDELA (MORRAZO-tribuna) .- O PP de Redondela presenta as súas propias alegacións ó proxecto Vigo Integra : a voceira popular, Francisca Canal, acusa a Emilio González de non busca-lo consenso dos diferentes grupos políticos para facer máis forza fronte á CPTOPT.
A voceira e presidenta dos populares redondeláns, Francisca Canal, recórdalle o concelleiro de Urbanismo, Emilio González Iglesias, que o Grupo Municipal do Partido Popular, consciente de que a anunciada ampliación da Ponte de Rande, significaría a reordenación dos accesos en Rande e a afección da parroquia de Chapela, elevou un rogo para que o goberno local informase aos diferentes grupos políticos e a cidadanía de calquera noticia que se producise nesta materia e lles dese traslado do proxecto en canto fora remitido ao Concello, " sen embargo unha vez máis o goberno local fixo caso omiso das solicitudes populares", explica Canal..

"A data de hoxe aínda non nos trasladaron información algunha sobre este respecto nin foron quenes de acadar un consenso entre tódalas formacións políticas para facer máis forte o rexeitamento do proxecto. Se ben non teñen obriga legal de busca-lo noso apoio, o oscurantismo e a falla de diálogo coa oposición nos asuntos que interesan ao Concello é significativa da clase de goberno que están a facer, o que é de lamentar". Canal asegura que "o alcalde, Xaime Rei, non posúe ningún peso específico dentro dos gobernos nacional e autonómicos, xestionados polo seu propio partido, xa que tódalas medidas que estes adoitan para Redondela afectan negativamente ao municipio". Ademais, a edil popular, recórdalle ó goberno local que se quere que a cidadanía tome en serio as declaración que fan en prensa "deberían tratar os temas de trascendencia nas comisións informativas xunto cos técnicos municipais e o resto dos grupos da oposición, cousa que non acontece neste Concello", di Canal “xa que elo significaría un interese por facer fronte común en contra dos proxectos que perxudican ao municipio”.
Francisca Canal recoméndalle a Emilio González que “escoite ós verdadeiramente perxudicados por este proxecto en lugar de perder o tempo nos medios de comunicación”. Ademáis, a Canal gustaríalle coñecer a opinión sobre este tema do BNG, socio do PSOE no goberno municipal e autonómico, que ata o de agora non se sabe.
Ante esta situación, e vendo que Redondela se verá unha vez máis perxudicada por grandes infraestructuras que non están pensadas para dar servizo ao concello, o Grupo Municipal presentou a súas propias alegacións que que foron elaboradas pola concelleira popular e responsable de urbanismo do partido pola parroquia de Chapela, Lorena López. Os populares fundamentan o seu rexeitamento ao devandito proxecto en tres puntos substanciais. En primeiro lugar expresan o seu rexeitamento á selección da “alternativa 5” para a conexión da A-57 coa AP-9, explicando Lorena López que “supón unha duplicidade de trazados respecto da futura A-57, con adversos efectos sociais e medioambientais, conlevando unha inxustificada fragmentación de ecosistemas e hábitats, destrucción da paisaxe, afección a zonas residenciais, alteracións de cursos superficiais e subterráneos de augas..., sen que conleve un significativo aforro no tempo de viaxe nin reporte beneficios ó sistema de comunicacións do termo municipal de Redondela que xustifiquen o gasto público que a súa execución significará, sendo a “alternativa 11” a que mellor realizará a función vertebradora do territorio en aras da cohesión social e territorial”. O PP de Redondela considera a alternativa 11 como a máis favorable e a que menos afección terá sobre a poboación e o territorio.
En canto a ampliación da AP-9 na parroquia de Chapela, López manifesta na segunda alegación que “o proxecto de ampliación a 8 carrís do tramo da AP-9 Rande-Teis afectará gravemente á parroquia de Chapela, en concreto a vivendas, dotacións públicas e centros educativos, sen que reporte beneficio significativo algún para esta parroquia (...), solicitamos o estudo de alternativas a esta proposta (...) e que, en calquera caso, se prevean as medidas necesarias para minimizar os impactos que, sobor da poboación e do territorio, tería calquera intervención na zona, especialmente as de carácter acústico e atmosférico (...).”
Na terceira alegación de Lorena López, o PP solicita “que as intervencións propostas sobre o territorio do municipio de Redondela resposten real e efectivamente ás necesidades da súa poboación, sexan respectuosas co medio, resposten a modelos de ordeación territorial que non propicien o uso irracional do vehículo privado e contribúan á vertebración do territorio”.- Las imagenes que acompañan el texto pueden verse más grandes haciendo click sobre ellas