CANGAS/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- Representantes do sector comercial da comarca do Morrazo participaron no segundo Foro de Comercio organizado pola Deputación Provincial no Parador de Tui. Asistiu, concretamente, Xosé Bangueses García, presidente da Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo.
Bangueses tivo a oportunidade de analizar e valorar xunto con comerciantes de toda a provincia e responsables técnicos e políticos da institución as medidas de actuación propostas para o Plan Estratéxico que guiará o traballo da institución no horizonte do 2012.
Estas liñas de actuación elaboráronse en base ás poñencias presentadas polas asociacións de comerciantes da provincia no I Encontro co Comercio organizado pola Deputación o pasado mes de abril en Cambados.
O documento analizado propón, entre outras actuacións, o asesoramento individualizado ós comerciantes; a formación e cualificación do sector a través da creación de titulacións de formación profesional ou ciclos específicos de comercio e a sensibilización dos centros para que orienten as prácticas do alumnado cara o comercio minorista. Tamén se valoran accións como unha publicación mensual e a convocatoria duns premios para recoñecer iniciativas e a conciliación da vida persoal e profesional no comercio.
Participaron no encontro Jorge Álvarez Bautista, presidente da Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui; Manuel Mera, presidente da Asociación de Empresarios da Cañiza; Susana Bretal Martínez, da Asociación de Comerciantes de Caldas de Reis; María José Portas, da Asociación de Comerciantes Lalín km.0; Cándido Teijeiro Vega da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Salvaterra de Miño; Xosé Bangueses García presidente de Fecimo e presidente do Foro Galego de Comercio; Marcos González, presidente do Consorcio de Comercio do Salnés e presidente de Cambados Zona Centro; Luis Redondo, vicepresidente de Aempe; Gumersindo Villamayor da Asociación de Comerciantes da Estrada; e Encarna Álvarez, presidenta da Federación de Comercio de Vigo.