20 septiembre 2008

3.023 avais respaldan a Quintana cara á Asamblea Nacional Extraordinaria do BNG

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- .- Un total de 3023 avais –correspondentes a oturos tantos militantes do BNG- respalda a candidatura de Anxo Quintana á Asamblea Nacional Extraodinaria da formación nacionalista.
Concluida esta tarde o prazo de presentación de candidaturas, constátase que a de Anxo Quintana é a única que se presenta para encabezar a candidatura do BNG á presidencia da Xunta de Galicia.
A Asamblea Nacional Extraordinaria do BNG, na que tomarán parte 1500 delegados e delegadas, vaise celebrar o próximo cinco de Outubro en Santiago de Compostela.