MOS (MORRAZO-tribuna) .- O Partido Popular de Mos da a voz de alarma sobre a mala conservación dos camiños, rúas e estradas municipais. A voceira do PP mosense, Nidia Arévalo, advertiu hoxe sobor da falla de control e coordinación no servizo de limpeza do municipio. A edil popular asegura que a maleza está a invadir ás beirarrúas e o sistema de recollida de augas, co conseguinte atasco e desbordamento das cunetas. "As queixas dos veciños son cada día maiores”, declarou Arévalo, quen manifestou ademais que “nunca houbo tantos medios humáns e técnicos para o mantemento do Concello como agora, sen embargo nunca estivo tan mal e tan descuidado coma nestes momentos”. E é que o Concello de Mos conta, ademais de co persoal municipal de limpeza, cunha empresa privada á que ten contratada para estas labores.
Segundo a presidenta local dos populares, “o que falla é a organización, debería terse creado un planning de limpeza e mantemento de viais públicos dende Xaneiro ata Nadal, xa que o Concello conta con medios e persoal de sobra pero nunca estivo tan desatendido neste senso como agora”. Arévalo tamén engadiu que “·non pode ser que se pasen a limpar as rúas únicamente cando se celebran festas na zona”. E rematou sentenciando “antes había moitos menos medios técnicos e o mantemento do municipio era mellor”.
Algunhas das zonas máis afectadas por este problema son o Coto da Camba e as inmediacións do colexio e o pavillón polideportivo Pena de Francia.