PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, pediu a Alberto Núñez Feijoo que “abandone a súa política de piñón fixo, de dicir sempre que non, e que converta ao Ppdeg nun partido últil para os intereses de Galiza”.O líder nacionalista fixo estas declaracións en Poio (Pontevedra) durante a inaguración dunha galescola neste concello pontevedrés.
“O BNG vai negociar os Orzamentos do Estado para que sexan bós para Galiza pero tamén para afrantar a crise no conxuto do Estado”
Anxo Quintana recoñeceu que as negociacións entre o BNG e Zapatero en Madrid para apoiar os Orzamentos do Estado para 2009 “van ser difíciles porque partimos de posicións distantes”. Porén, salientou que “o BNG encara esta negociación con espírito positivo e construtivo para conseguir uns orzamentos que sexan bos para Galiza, pero tamén bós para o conxunto dos cidadáns do Estado para poder afrontar a crise”.
“Faremos todo o que estea nas noas mans para conseguir un acordo bó para Galiza”, subliñou.
Neste sentido, asegurou que as críticas do BNG ao proceso negociador dos presupostos encetado polo BNG en Madrid “evidencian que o PpdeG está situado nunha política negativa, de cerrazón e de dicir a todo que non”.
Por iso, Anxo Quintana pediulle a Alberto Núñez Feijóo que “abandone esa política de piñón fixo porque qué mellor para Galiza que o que está a facer o BNG o fixeran tamén os deputados galegos do PP en Madrid”.
“O PpdeG debería tomar exemplo dos seus compañeiros de Navarra”
A este respeito, o portavoz nacional do BNG recomendoulle ao PpdeG “que siga o exemplo dos seus compañeiros de Navarra se quere que o seu partido deixe de ser un partido inútil para Galiza, que é onde o coloca a súa postura actual de cerrazón”.
“Pídolle ao señor Núñez Feijóo -subliñou- que faga o mesmo que acaban de facer os seus compañeiros de Navarra, que votan a favor dos orzamentos se son bos para Navarra, o mesmo que está a facer o BNG porque iso sí sería positivo para Galiza”