15 febrero 2009

Deputación convoca el apoyo a las marchas populares y festas da bicicleta

A DEPUTACIÓN PRESENTA AS BASES PARA CONCORRER NAS FESTAS DA BICICLETA E MARCHAS POPULARES DE 2009, NAS QUE SE INVESTIRÁ UNHA ACHEGA TOTAL DE 42.000 EUROS

PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A Deputación de Pontevedra presentou as bases das Marchas populares e as Festas da bicicleta para o ano 2009, no seu afán de fomentar o deporte popular aberto a todos os cidadáns que o desexen, como ven facendo, en colaboración cos concellos da provincia, durante os últimos anos.
Nas Marchas populares, consistentes na realización de carreiras pedestres por tramos urbanos ou rurais nos concellos, poderán participar todas as persoas maiores de 8 anos tanto en categorías masculina coma feminina.
O Concello beneficiario desta actividade, deberá sinalar a data idónea e o percorrido, encargándose igualmente de manter a orde coa Policía Municipal, Cruz Vermella ou Protección Civil.
No caso das Festas da bicicleta, que teñen por obxecto realizar marchas ciclistas populares de percorrido non superior a 10 km, poderán participar todos os que o desexen, sen límite de idade.
O Concello, pola súa banda, deberá sinalar a data para a súa celebración e o percorrido para efectuar, indicando o lugar de concentración para a saída e a chegada, encargándose da orde coa Policía Municipal, servizos da Cruz Vermella, Protección Civil e Garda Civil de Tráfico.
Os concellos interesados poderán solicitar soamente unha das probas anteriormente relacionadas, mediante un escrito presentado no rexistro xeral da Deputación, ata o 30 de xuño de 2009.
A concesión das probas ós peticionarios, autorizarase pola Xunta de Goberno, tras o ditame previo da Comisión Informativa de Xuventude e Deportes, ata esgotar a consignación orzamentaria.