15 febrero 2009

Sigue adelante el Plan
Provincial de Cooperación

A DEPUTACIÓN PROPICIARÁ TRES ACTUACIÓNS NO VAL MIÑOR CUN INVESTIMENTO DE 265.652 EUROS A TRAVÉS DO PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN

VIGO (MORRAZO-tribuna) .- Os concellos da comarca do Val Miñor disporán dun total de 265.652 euros para executar tres actuacións incluídas no Plan Provincial de Cooperación (PPC) que xestionará a Deputación Provincial de Pontevedra en 2009. Esta liña de axudas está financiada pola institución provincial, os concellos beneficiarios e o Ministerio de Administracións Públicas (MAP). As obras que se prevén executar con cargo a este orzamento son as seguintes:
BAIONA: saneamento no barrio da Anunciada. 76.455,86 euros.
GONDOMAR: saneamento nos barrios da Laxe,Boucias e Feira. 96.392,57 euros.
NIGRAN. Pavimentación na rúa Bernardo Vázquez. 92.803,70 euros
O PPC posibilitará a execución de obras na provincia de Pontevedra por arredor de 6.589.030,36 millóns de euros. Esta liña de investimentos irá dirixida á promoción de calquera tipo de obra de competencia municipal nos concellos de menos de 50.000 habitantes. Os importes deste plan distribuiranse empregando como criterio obxectivo unha porcentaxe do 60% para o peso poboacional do municipio e do 40% para o criterio de superficie.
As obras incluídas nestes plans selecciónanse a partir das propostas formuladas polos concellos, que terán como data límite para presentar as solicitudes o vindeiro 12 de xaneiro de 2009. Así mesmo, serán os propios concellos os encargados de tramitar a contratación, seguimento e xustificación das obras incluídas no plan.

O Plan Provincial de Cooperación poderá financiar en todos os municipios actuacións no alumeado público, cemiterios, recollida de residuos, limpeza viaria, abastecemento de auga potable, sumidoiros e pavimentación de vías públicas.

Ademáis das actuacións anteditas, nos municipios con máis de 5.000, habitantes tamén se poderán realizar con cargo a este plan obras en parques e bibliotecas públicas, mercados e tratamentos de residuos.

Finalmente, nas áreas de máis de 20.000 habitantes, ademais de todas as actuacións mencionadas, tamén se poderán executar actuacións para protección civil, prevención e extinción de incendios, instalacións deportivas e servizos.