16 julio 2009

Las cantinelas de la conselleira Marta tras su paso por Madrid y las horcas caudinas de la financiación

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-Galicia recibirá 64 millóns de euros anuais máis do fondo de dispersión no novo modelo de sistema de financiamento autonómico, segundo confirmou a conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, logo de participar, onte a tarde en Madrid, no Consello de Política Fiscal e Financeira. Deste xeito, tras as negociacións, a comunidade galega logra pasar dos 590 millóns de fondos que se recollían na proposta inicial que presentou o Goberno central ata os 654 millóns de euros.

Segundo explicou Marta Fernández Currás, este incremento de 64 millóns sobre o inicialmente previsto só afecta ao fondo de dispersión. Polo tanto, o novo modelo de financiamento non recolle nin un só euro en concepto de fondo da emigración, tal e como solicitaba o Goberno da Xunta.

Abstención na votación
Ante esta perspectiva, o Executivo galego abstívose na votación do novo modelo de financiamento. Unha abstención que se debe, segundo resaltou a titular de Facenda, a que a Xunta non pode apoiar un sistema co que non está de acordo por canto non ten en conta a 400.000 emigrantes. Non obstante, indicou que, dado que se atenderon parte das alegacións presentadas por Galicia, ao incrementarse o fondo de dispersión, o Goberno da Xunta non considerou axeitado votar en contra do novo modelo de financiamento como xesto de resposta á atención amosada polo Goberno central.

Marta Fernández insistiu en que hai tempo por diante para seguir negociando e traballando cara a un modelo de financiamento que responda mellor aos intereses de Galicia e sexa máis equitativo e solidario.