19 septiembre 2008

O maíz, cada vez mais observado

PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- Do 23 ó 26 de setembro terán lugar na Finca de Mouriscade (Lalín) a primeira Semana Técnica dos técnicos da Deputación de Pontevedra e da empresa semillista Limagrain Ibérica SA para comprobar e divulgar a adaptación e o comportamento das diferentes variedades de maíz para o ensilado e a alimentación do gando vacún que ambas institucións levan a cabo como resultado dun convenio de colaboración suscrito o pasado mes de maio.
En cada unha das xornadas técnicas desenvolveráse un programa composto de diferentes prestacións e ponencias sobre xenética, variedades do maíz, análise cualitativo, etc.
Os devanditos días realizaránse tamén visitas ós diferentes campos de investigación das variedades de maíz que Limagrain Ibérica ven cultivando en varias parcelas da Finca de Mouriscade da Deputación de Pontevedra. Todas estas parcelas forman parte da rede europea adicada á investigación e desenvolvemento deste cultivo.