15 febrero 2009

Caso Sogama : ¡más madera!
>> el PP considera acreditada la veracidad de sus graves acusaciones

Os servizos xurídicos do PPdeG consideran que todos os indicios apuntan a José Álvarez como muñidor do trato de favor dispensado por Sogama a Danigal seguido instrucións directas do conselleiro de Medio Ambiente
O PPdeG solicita que o xulgado cite a declarar como imputado ao presidente de Sogama
-A suposta trama na que Pachi Vázquez é o “señor X” tamén salpica a Touriño e ao conselleiro de Economía, que miran para outro lado desde hai tres meses
-Alfonso Rueda considera inconcebible o silencio que está a manter a Xunta unha vez acreditada a veracidade das graves acusacións que pesan sobre Sogama, tanto polas súas repercusións económicas, como polo risco para a saúde pública e o medio ambiente

COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna).- Os servizos xurídicos do PPdeG veñen de solicitar no xulgado de instrución número 1 da Coruña que se cite a declarar como imputado ao presidente de Sogama, José Álvarez, nas dilixencias que se instrúen por mor dun presunto delicto continuado contra o medio ambiente e os recursos naturais, a raíz dos vertidos realizados desde o vertedoiro da Areosa.
Os letrados do PPdeG consideran que todos os indicios coñecidos ata o de agora –a pesar das lagoas que presenta o sumario, ao que aínda non foi incorporado o contido da declaración do anterior conselleiro delegado de Sogama nin a documentación incautada polo Seprona cando rexistrou as oficinas da empresa pública- apuntan a José Álvarez como muñidor do trato de favor dispensado a Danigal e demais anomalías rexistradas nesa sociedade pública co consentimento directo do conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez.

NECESIDADE DE BOTAR LUZ SOBE OS FEITOS
A xuízo do secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, a declaración de José Álvarez debe arroxar luz sobre o presunto delicto ecolóxico continuado perpetrado por Sogama desde o vertedoiro da Areosa e sobre a verdadeira finalidade de adxudicación, a dedo, dun contrato por valor de 19 millóns de euros para a automatización da planta central de Sogama, situada en Morzós (Cerceda).
O PPdeG está convencido de que o instigador último destas irregularidades- das que se desprenden serios efectos nocivos sobre o medio ambiente, a saúde pública, e un grave quebranto para o patrimonio da Comunidade Autónoma- é o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, o auténtico “señor X” dunha trama que tamén salpica ao presidente da Xunta e ao conselleiro de Economía.
Tanto Touriño como Fernández Antonio coñecen, desde o pasado mes de novembro, as anomalías promovidas polo presidente de Sogama pero, lonxe de tomar medidas e investigar o sucedido, optaron por mirar cara outro lado e ignorar as irregularidades.

SILENCIO INCONCEBIBLE DA XUNTA
Alfonso Rueda considera inconcebible o silencio que está a manter a Xunta unha vez acreditada a veracidade das graves acusacións que pesan sobre Sogama e o conselleiro de Medio Ambiente. Das evidencias que foron saíndo á luz non só se desprende que están comprometidas as arcas públicas, senón que tamén se somete a serio risco a saúde de milleiros de persoas, tanto pola posible contaminación das capas freáticas que abastecen aos núcleos situados no contorno da Areosa, como pola afectación das redes de abastecemento que captan auga no Tambre, como sucede en Santiago de Compostela e outras poboacións próximas.