12 febrero 2009

Dos mujeres heridas en sendos accidentes en Pontevedra y Vigo

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O Servizo de Urxencias Sanitarias 061-Galicia atendeu un total de catro accidentes de tráfico e outras 118 urxencias entre as 00:00 horas e as 14:00 horas de hoxe. Ademais das actuacións de accidentes de tráfico, o 061-Galicia acudiu a 118 chamadas de urxencias que mobilizaron recursos, e rexistrou 300 consultas telefónicas. O máis salientable:
-Ás 7:49 a Central de Coordinación de Chamadas do 061-Galicia recibiu un aviso dun atropelo no concello de PONTEVEDRA, na poboación de Lusquiños. Para atender a vítima, Urxencias Sanitarias de Galicia mobilizou unha ambulancia medicalizada, que logo dunha primaria valoración e asistencia, trasladou a unha muller de 69 anos, D.R.T, politraumatizada, ao Complexo Hospitalario de Pontevedra.
- Ás 12:19 a Central de Coordinación de Chamadas do 061-Galicia recibiu un aviso dun atropelo no concello de VIGO, na rúa Policarpo Sanz. Para atender a vítima, Urxencias Sanitarias de Galicia mobilizou unha ambulancia asistencial, que logo dunha primaria valoración e asistencia, trasladou a unha muller de 53 anos, E.C.F., con diversas contusións, a un centro privado de Vigo.