15 febrero 2009

Gallego y Fragueiro
explican en A Guarda sus logros

Tivo lugar na Cofraría de Pescadores Santa Trega, de A Guarda, un encontro sectorial entre os pescadores, mariscadoras e representantes de asociacións de armadores coa Conselleira de Pesca da Xunta de Galicia, Carmen Gallego e co Secretario General do Mar do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino, Juan Carlos Martín Fragueiro.

A GUARDA (MORRAZO-tribuna) .- A Conselleira de Pesca fixo unha exposición dos investimentos feitos pola súa Consellería no período de lexislatura 2005-2008 que agora remata, que acadaron unha cifra de 4.740.339,00 Euros, destacando como investimento en equipamentos portuarios a Nave das Redeiras e a ampliación da Lonxa do Peixe, coa construcción dun edificio comunicado coa lonxa que alberga como usos principais o de zona de clasificación do percebe, instalacións frigoríficas e vestiarios.

Fixo así mesmo unha exposición da nova lei de pesca que pronto entrará en vigor e que agora se encontra en período de alegacións para que os profesionais poidan presentar as suxestións que estimen oportunas co fin de mellorala.

A Conselleira anunciou tamén a autorización do aumento de licencias para profesionais do marisqueo a pé e a flote para esta zona.

O Secretario General do Mar do Ministerio, Martín Fragueiro anunciou o inminente comezo das obras da Senda Litoral que comunicará A Guarda coa praia do Muíño pola costa, unha senda peonil na súa meirande parte, respectuosa co entorno natural e que supón para o Ministerio un investimento de máis de 4 millóns de euros.
Dirixido ós profesionais, Martín Fragueiro lles anunciou que o Ministerio abre un período para a regularización de embarcacións de pesca de porte menor que él mesmo cualificou como “a última oportunidade para pórse conforme a lei” daquelas embarcacións que por diferentes motivos, aínda non a cumpren. Esta adaptación a lei afecta a unhas 2400 embarcacións en toda Galicia.

O remate da xuntanza, tanto a Conselleira como O Secretario General do Mar respostaron as preguntas que lles plantexaron os profesionais.