VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- As declaracións efectuadas onte polo presidente da Xunta confundindo os intereses da Xunta Electoral Central, integrada por maxistrados independentes de recoñecido prestixio, cos intereses do PPdeG constitúen un feito lamentable que pon de manifesto a inconsistencia dos argumentos utilizados polo PSOE na súa estratexia de oposición á transparencia do voto emigrante.
Para Alfonso Rueda, secretario xeral do PPdeG, a resistencia de Touriño a extender as regras de xogo democrático ao voto exterior acreditan o fariseismo do candidato socialista, que muda de criterio en función dos intereses de cada momento.
Para Alfonso Rueda, secretario xeral do PPdeG, a resistencia de Touriño a extender as regras de xogo democrático ao voto exterior acreditan o fariseismo do candidato socialista, que muda de criterio en función dos intereses de cada momento.
Así, mentres que Touriño e os demais deputados do PSOE apoiaron, o pasado verán, no Parlamento de Galicia, a proposta unánime para reformar o voto emigrante, agora está embarcado nunha campaña de rexeitamento de tal proposta, incluída a decisión da Xunta Electoral Central de esixir que os votos emitidos polos residentes ausentes nas vindeiras Eleccións deban estar acompañados de fotocopia do DNI ou do pasaporte do votante para ser considerados como válidos.
A xuízo de Rueda, o fariseismo de Touriño debe ser interpretado como unha evidencia de que o PSOE podería estar matinando un pucheirazo co voto exterior nos comicios do vindeiro 1 de marzo, dada a súa experiencia neste tipo de prácticas, como quedou en evidencia coa trama de axentes electorais socialistas financiada con fondos públicos.