13 octubre 2009

Polémica

Curioso manifiesto del PP sobre la trapallada de Silleda, sus orígenes y sus consecuencias...
-
O PPdeG nin avala nin xustifica a moción de censura e defende e suscribe o Pacto Antitransfuguismo, de feito, os cinco dos seis concelleiros do partido en Silleda xa non forman parte do PPdeG

O PPdeG aclara que non sae beneficiado coa moción de Silleda, lembra que foi o desgoberno dos socialistas o que a causou e que a nova alcaldesa era tamén do PSOE

• Os populares fan fincapé en que o partido, coa moción de censura, quedáse só cun edil que o represente en Silleda fronte aos seis que tiña antes, polo tanto está claro que a moción non os favorece

• Remarcan que o espectáculo ten as cores do PSOE: os tránsfugas son socialistas, a nova posible alcaldesa tamén, e a iniciativa xurdiu a causa do desgoberno ao que someteron o concello de Silleda

• Advírtenlle ao señor Xosé Blanco de que non debería dar consellos acerca de mocións de censura, pois os populares galegos non aceptan as leccións de quen mandou á nai dunha subordinada súa que cambiase un goberno

• Critican que Vázquez siga buscando titulares contra o PPdeG para desviar a atención, intentando situar o epicentro do problema lonxe de onde realmente está, que é na súa propia formación

Santiago, 11 de outubre de 2009.- O Partido Popular de Galicia quere deixar claro que non sae beneficiado coa moción de censura de Silleda e recorda que foi o desgoberno dos socialistas o que a causou. Os populares subliñan que, a pesar de que o goberno de Silleda se atopase nunha situación de desgoberno a causa da pésima xestión dos socialistas, a dirección do partido nin avala nin xustifica tal iniciativa e deixan claro que o PPdeG defende e subscribe o Pacto Antitransfuguismo.

De feito, cinco dos seis concelleiros do partido en Silleda que avalaron a moción xa non forman parte desta forza política posto que xa se deron de baixa. É dicir, que a formación popular, coa iniciativa da moción, quédase só cun edil que a represente no concello de Silleda fronte aos seis que tiña antes.

Por esta razón, os populares consideran que é unha evidencia que o espectáculo de Silleda non só perxudica ao PSOE, por ser a principal causa e actor do circo, senón que tampouco é favorable ao PPdeG, que perde representantes.

Por outra banda, o PPdeG remarca que, se mire por onde se mire, a moción de censura ten as cores do PSOE: os tránsfugas son socialistas, díscolos pero socialistas, a alcaldesa socialista será substituída moi posiblemente por outra alcaldesa socialista e a iniciativa da moción xurdiu no seo do propio PSOE a causa dos seus problemas internos, que provocaron unha situación de desgoberno insoportable á que someteron aos cidadáns do municipio.

Así mesmo, os populares consideran lamentable que en menos dunha semana se presentaran dúas iniciativas de moción de censura, unha delas xa materializada, en dous concellos galegos nos que des-gobernan os socialistas en coalición. No caso de Silleda, a situación creouse a causa da falta de entendemento dos membros do PSOE, no caso de Láncara, a causa das diferencias entre o PSOE e os seus socios de Goberno, os membros do TeGa. En ambos concellos os socialistas crearon problemas que deron lugar a situacións de desgoberno que os cidadáns tiveron que padecer.

O señor Xosé Blanco non debería dar consellos acerca de mocións de censura, pois os populares non aceptan as leccións de quen mandou á nai dunha subordinada súa que cambiase un goberno.

VÁZQUEZ SÓ BUSCA TITULARES PARA DESVIAR A ATENCIÓN
Por outra banda, os populares critican que Vázquez sigue buscando titulares contra o PPdeG para desviar a atención, intentando situar o epicentro do problema lonxe de onde realmente está, que é na súa propia formación. Sen embargo, as declaracións do socialista chocan contra a realidade dos feitos, que poñen de manifesto que son os problemas internos dos socialistas os que os están levando á ruína a eles e aos concellos que gobernan.

Se Vázquez quere evitar este tipo de iniciativas nos concellos gobernados polo PSOE o que ten que facer é evitar situacións de desgoberno como as vividas en Silleda e Láncara, aínda que a súa nula capacidade de liderazgo é un gran obstáculo para que poida poñer orden no seu partido.