13 octubre 2009

Vuelve la "Mesa del Diálogo Social"

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- As reunións da Mesa do Diálogo Social iniciaranse o próximo xoves 22 de outubro. Esa data, que foi fixada e comunicada o pasado luns 5 de outubro pola Consellería de Traballo e Benestar aos distintos axentes sociais, será o punto de partida dun foro debate no que se porá enriba da mesa a elaboración do plan estratéxico de emprego 2010-2012.

Previamente a esta cita, a Consellería de Traballo e Benestar mantivo diversos contactos con patronal e sindicatos no último mes non só para buscar unha data que fora compatible coa axenda de todos os representantes dos axentes sociais (secretarios xerais dos sindicatos e presidente da patronal galega), senón para analizar con empresarios e portavoces sindicais os aspectos prioritarios a tratar nesta mesa de diálogo que desde a Consellería se considera a mellor ferramenta para buscar mecanismos que permitan superar a crise actual e para impulsar o noso tecido produtivo.