14 octubre 2009

Llega la hora de los empresarios discapacitados

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Mar Pereira, recibiu hoxe ao presidente da Asociación de empresarios discapacitados de Galicia, Gerardo Crespo, no seu despacho de San Caetano, unha xuntanza na que decidiron colaborar co obxectivo de que as novas tecnoloxías faciliten a inserción laboral das persoas que sofren algún tipo de discapacidade.

“Apoio total da Xunta a este obxectivo, sendo plenamente conscientes de que a tecnoloxía é un instrumento fundamental para a adaptación dos postos de traballo”, destacou Mar Pereira, quen salientou a proposta da asociación de realizar un estudo para coñecer a situación actual do uso destas ferramentas nas empresas galegas e identificar ás posibles necesidades para poder poñer en marcha estratexias de actuación. “Partimos sempre da premisa de que as novas tecnoloxías non poden ser un elemento que dificulte esta inserción, senón todo o contrario”, afirmou a secretaria xeral.

Gerardo Crespo destacou, pola súa banda, a importancia de usar as novas tecnoloxías para favorecer a inserción laboral do colectivo de persoas con dispacidade, tal e como se está a facer noutros países. “Vemos a tecnoloxía como unha ferramenta moi positiva para a inclusión; pretendemos que non sirva para facer unha brecha, que non provoque diferencias entre uns e outros senón que sirva para incluírnos a todos”, asegurou.

O presidente da Asociación de empresarios valorou que a Secretaría Xeral de Modernización encabece o traballo das diferentes consellerías da Xunta para determinar qué ferramentas tecnolóxicas poden ser máis útiles para facilitar a inserción laboral deste colectivo.