MADRID (MORRAZO-tribuna).- O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, afirmou, unha vez rematada a xuntanza con Pedro Solbes sobre os Orzamentos 2009, que “hai disposición ao diálogo por ambas partes pero as posicións de partida están alonxadas”.
Subliñou que a reunión co Ministro de Economía serviu para constatar o interese do Goberno en que o BNG apoie os Orzamentos do Estado e tamén para remarcar “a nosa disposición ao diálogo, pero constatamos que as posicións de partida agora mesmo están alonxadas e é preciso facer un esforzo en sucesivos encontros”.
Os condicionantes referidos a Galiza:
Infraestructuras
En segundo lugar, salientou os “condicionantes” referidos a Galiza. Citou primeiro as infraestructuras, “é fundamental que se manteña e se aumente o ritmo inversor para que as infraestructuras estean concluidas nos prazos comprometidos”. Pediu que os investimentos nas infraestructuras galegas signifiquen o 8% do conxunto do Estado e que se incremente o volume de investimentos respeito ao exercicio anterior. Engadiu que para o BNG que “se cumpra a premisa do 8% é unha condición necesaria pero non suficiente porque ten que haber uns investimentos que aseguren as infraestructuras nos prazos comprometidos polo propio Presidente do Executivo”.
Subcomisión Seguimento Infraestructuras, completar paquete transferencial e iniciar o traspaso de tráfico
“O noso apoio pasa por cumprir coas posicións unánimes acadadas no Parlamento galego. É básico que se constitúa a Subcomisión de Seguimento das Infraestructuras galegas e que se complete o paquete transferencial pendente”. Ademáis, recalcou, “ten que haber un compromiso de iniciar nesta lexislatura o traspaso da competencia en materia de tráfico e seguridade vial”.
Investimentos expansivos para as políticas sociais
Explicou que para que o BNG respalde as contas do Estado para o vindeiro ano se teñen que cumprir unhas premisas básicas. Así, “os orzamentos deben ser eficaces para loitar contra a crise económica. Por iso as políticas de contención do gasto non se poden trasladar ás políticas sociais nen á economía productiva”. De aí a demanda nacionalista de políticas expansivas en materia social, do I+D+I, e en infraestructuras para “dinamizar a economía”.
O parlamentar do BNG puxo de manifesto que a xunta se centrou en dous ámbitos: por un lado, “centrámonos na situación xeral para que non se poñan en perigo as políticas sociais e a economía productiva”, e por outro, “as cuestións relativas ás partidas para Galiza que non son cuestións particulais do BNG senón posicións respaldadas polo Parlamento galego”.
A perguntas dos xornalistas, sinalou que esta xunta foi un primeiro intercambio de impresións, son as posicións de partida do Goberno e do BNG e iso debe ter un percorrido a partir de agora con reunións seguintes. Agardaremos a ver se as nosas posicións son asumidas polo Goberno”.