15 septiembre 2008

Nova marxinación para Vigo :
agora no Xacobeo


VIGO (MORRAZO-tribuna).- Nova denuncia da Federación de Veciños de Vigo : pese ao recoñecemento unánime do Parlamento Galego o recente 13 de marzo de 2008, o Programa Oficial da Xacobeo de Galicia, publicado o 27 de Agosto, marxina á Comarca de Vigo dos eventos, actividades e investimentos, adicados á promoción dos Camiños Xacobeos en Galicia.
Este olvido significa renunciar á celebración de eventos culturais, actos oficiais, sinalización, investimentos, desbroces, construción de infraestruturas, albergues… Supón perder a oportunidade de que Vigo e a súa área reciban un importante pulo turístico. "Nin folletos promocionais nin páxinas web da Xunta informarán aos peregrinos da existencia dos dous Camiños que atravesan a nosa Comarca: O “Camiño Monacal” pola costa (A Guarda, O Rosal, Oia, Baiona e Nigrán) e o “Camiño do Norte” por Gondomar e Tomiño, que conflúen na nosa cidade tal e como recollen as publicacións da Asociación Viguesa dos Amigos de los Pazos", explican desde a FAVEC.
"Tecnicismos tales como a carencia de documentación anterior ó Século XVIII, e a pertinaz desidia da Xunta de Galicia no que respecta á promoción da Cidade de Vigo, non poden deixar ó marxen ésta importante Comarca de Galicia, repleta de vestixios do culto Xacobeo e xoias do arte sacro, desde o Románico ata o Barroco máis recente", insistiron os veciñais.
Gran Camiñada : “Por Vigo, por Tomiño, e por Gondomar – Rutas Xacobeas polo Baixo Miño e Val Miñor”
Os vindeiros 20 e 21 de setembro a Federación Veciñal de Vigo, en colaboración coa Asociación de Amigos dos Pazos, Asociación Galega de Amigos do Camiño, e A.V. O Freixo, organiza a “Gran Camiñada” para poñer de relevo a importancia histórica das rutas que atravesan a comarca de Vigo e reclamar a súa consideración e promoción: o “Camiño Monacal” pola costa e o “Camiño do Norte” por Gondomar e Tomiño.
Por segundo ano consecutivo, a FAVEC convoca ós camiñantes da Comarca a participar nas Xornadas Reivindicativas a celebrar os días 20 e 21 de Setembro, co lema “Por Vigo, por Tomiño, e por Gondomar – Rutas Xacobeas polo Baixo Miño e Val Miñor”. Nesta ocasión farase a promoción do “Camiño do Norte”, en compañía da Asociación de Amigos de los Pazos de Vigo, e Asociación Galega de Amigos do Camiño.