REDONDELA (MORRAZO-tribuna) .- O Partido Popular de Redondela esixiu esta mañán ó goberno local que tome medidas fronte ós comportamentos pouco cívicos de quen invade as rúas e locais con pintadas indiscriminadas, incendia os contedores do servizo de recollida de basura e destroza o mobiliario urbán, inutilizando teléfonos públicos, marquesinas e espazos que deberían estar destinados á convivencia. "Esta é a imaxe non desexable que ten pasadoa ser unha constante en tódalas parroquias municipais", denuncia o PP redondelán.