PONTEAREAS (MORRAZO-tribuna) .- O BNG de Ponteareas, a través do seu portavoz Bolívar González e a viceportavoz Sandra Arauxo, deron hoxe a coñecer en rolda de prensa a posición dos nacionalistas perante o Plan Vigo Íntegra que contempla as previsións de infraestructuras viarias na localidade.
Os nacionalistas lembran as necesidades que ten Ponteareas nesta materia, como a circunvalación, a reforma do enlace do Confurco, a conexión directa da A-52 con Pontevedra a través da futura A-57, así como os enlaces da A-52 cos futuros polígonos industriais Val do Tea e Puzo e a conexión parque empresarial Val do Tea coa N-120 zona industrial da Lomba e A-57.
Os nacionalistas responsabilizan “ao PP e PSOE destas necesidades aínda non cubertas, malia ter sido moitas delas reclamadas unanimemente polos ponteareáns dende hai máis dunha década”. Ademais engaden que “a falta de planificación a través dun PXOM, no que o PP fracasou nestes máis de cinco anos, tamén ten moito a ver con esta situación”.
Para o BNG a maior parte das propostas que se recollen no Plan Integra, cun horizonte até o 2020, “non son válidas para Ponteareas, son erradas, insuficientes e non resolven os nosos problemas. Segundo os nacionalistas, “é moi positivo que a Xunta decida dunha vez facer unha planificación das infraestructuras viarias de Vigo e a súa área de influenza, pero non parece moi razonábel plantexarse como prazo até o 2020 para a execución desas infraestructuras”. Ademais, o BNG destaca que algunhas das previsións recollidas no Plan Integra non fan máis que recoller “as aberracións e os graves erros que se contemplaban no borrador do PXOM, hoxe xa totalmente superado”.
Así, Bolívar González refírese ao vial que comunicaría a A-52 desde Moreira até a N-120 en Arcos, “que non é racional, nin soluciona o problema de desviar o tráfico do centro da vila e que ademais supón un impacto e unha grave destrucción das parroquias de Angoares e Fontenla”. González lembra que “ese vial recibíu xa hai dous anos o rexeitamento tanto de centos de veciños como de colectivos sociais que consideran unha aberración esa previsión”.
Os nacionalistas advirten que no plan Vigo Íntegra non se contemplan os viais de enlace da A-52 cos futuros polígonos industriais Val do Tea e Puzo, polígonos industriais que se atopan en tramitación, nin a conexión do parque empresarial Val do Tea coa N-120, nin a da zona industrial da Lomba e a A-57 e tamén advirten do desdobramento da A-52 o seu paso polo concello.

Por todas esas razóns, o BNG vai presentar alegacións ao Plan Vigo Íntegra. Ademais os nacionalistas van celebrar unha reunión con representantes dos colectivos sociais de todas as parroquias afectadas polo Plan Vigo Íntegra para explicarlles a súa posición e ofrecerlles asesoramento e axuda para a presentación de máis alegacións e a defensa dos intereses das súas parroquias.