19 septiembre 2008

Principia xa a "Gran Camiñada"

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- Este sábado 20 de setembro ás 10.00 horas partirá desde Tui a “Gran Camiñada” a través do Camiño do Camiño Portugués da Costa e Camiño do Norte. Serán 53 kms. e dous días de peregrinación polo recoñecemento histórico e posta en valor das rutas que atravesan Vigo e a súa comarca.
Ás 9.00 horas un autobús sairá do Freixo e recollerá a viaxeiros no centro de Vigo, outros vehículos de apoio levarán aos participantes ata o punto de saída en Tui. A organización tamén convida a todas as persoas que o desexen a unirse ao grupo e cubrir algunha das etapas para o que a organización levará un teléfono de contacto: 630 708 909.
Os participantes levarán unha credencial de peregrino que irán selando ao longo das diferentes etapas do camiño, para reclamar de xeito simbólico a oficialidade dun percorrido que discorrerá por Tui, norte de Portugal, Tomiño e Gondomar para rematar no Alto da Garrida na parroquia de Valadares:
Sábado 20 de setembro: Tui-Figueiró (22,7 Km)
09,ºº.: Saída en autobús desde Vigo con chegada a Tui
10,ºº:. Comenzo da Camiñada polo tramo Portugués do Camiño Atlántico: Valença-Cristelo Covo-Sao Pedro da Torre
12,ºº.: Visita do Parque de Montorros- Plaia
13,ºº.: Chegada ó Outeiro de Campos. Avituallamento e descanso no Bar “Zina Corpus”- Outeiriño de Campos
15,ºº.: Saída por Sao Roque – Gamil e Praia de Lenta
17,ºº.: Chegada a Vila Nova de Cerveira: Tempo de Praia ou de Feria
18,ºº.: Saída dende a rotonda da Ponte da Amizade
19,ºº.: Chegada a Figueiró, cea e noite no Albergue de Peregrinos de San Campio de Lonxe.
Domingo 21 de setembro: Figueiró-Alto da Garrida (30,7 Km)
09,ºº.: Saída por Estás e Outeiriño a Tomiño. Barro-Hospital- Tebra
11,30:. Chegada a Tebra-Igrexa. Parada no Restaurante da Praza
12,ºº.: Saída a Cima de Vila - Alto de Tebra – Couso - Peitieiros
13,30.: Saída de Peitieiros e chegada a Chaín
17,ºº.: Chegada ó Alto da Garrida
Organizan: Federación de Asociacións Veciñais de Vigo “Eduardo Chao” e A.V. O Freixo en colaboración coa Asociación de Amigos dos Pazos, Asociación Galega de Amigos do Camiño, Asociación de Amigos do Camiño de Viana do Castelo.