MOS (MORRAZO-tribuna).- “Electoralista”, así califica a voceira do Partido Popular de Mos, Nidia Arévalo, a visita de onte do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, a Mos. Acúsao de terse achegado únicamente en dúas ocasións ó municipio mosense durante os últimos cinco anos de goberno local socialista, “a primeira vez foi para inaugurar un pavillón que estaba rematado dende facía cinco anos atrás, e a segunda foi para por a primeira pedra do novo colexio Castro Mos, polo que o felicitamos, pero lle recordamos os problemas de transporte que están tendo os alumnos dese centro que foron desprazados á escola de Cabral durante a acometida do novo edificio e polos que decidiron porse en folga o pasado luns”. Estes nenos están a chegar tarde tanto ás clases coma ás súas casas por problemas no servicio de autobús escolar. “As nais dos pequenos non reciben respostas nin solucións nin por parte do Concello, nin da Xunta, nin da empresa Monbús, feito polo cal tiveron un día de folga”, declarou Nidia Arévalo. Ademais, Arévalo quixo deixar claro que a Xunta non incluiu ningunha obra para o municipio no seu orzamento de 2008, xa que a construcción do mencionado colexio Castro Mos foi incluída no orzamento para 2009.
Nesta ocasión o presidente da Xunta viu inaugurar o ximnasio dun colexio, que leva acabado dende o pasado mes de Maio, segundo Arévalo, nun acto que a voceira popular calificou de “claramente electoralista e que intenta lavar a imaxe do PSOE mosense que na actualidade se atopa roto”.
Nidia Arévalo denuncia que a actitude de Touriño co Concello de Mos é de indiferencia, xa que aínda non lles deu unha resposta ós mosenses sobre o problema da nova autovía Vigo-Porriño, ignorando o sentir xeral dos habitantes do municipio que se verán afectados por esta infraestructura. Por todo isto cre Arévalo que Pérez Touriño é “persoa non grata en Mos”, xa que “non fixo nada por este Concello nos últimos cinco anos de goberno local socialista de Escudero”.