MADRID (MORRAZO-tribuna).- O Ministerio de Fomento vén de informar ao deputado do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, que só substituiu 1.962 metros de gardarraís de doble bionda por barreiras de contención para a protección dos motociclistas nas estradas de titularidade estatal na Galiza, en concreto na A-8 e na AP-9. O orzamento investido, indica o Ministerio ao BNG, foi de 65.000 euros.
O parlamentar do BNG dirixíase ao Ministerio para coñecer o estado deste importante intercambio de infraestructuras, “unha vella reivindicación das organizacións de motoristas”.
Neste sentido, Jorquera preguntaba ao Ministerio cantos quilómetros de gardarraís de doble bionda simple se substituiron nas estradas galegas nos últimos anos, en que tramos e que orzamento investiu nesta actuación.
Ademáis, o deputado do BNG preguntaba sobre a planificación futura, polas previsións de supresión deste tipo de infraestructuras coñecidas como “gardarraís asesiños” porque provocan moitas mortes e amputacións de motoristas.
O Programa de Licitación 2008 está en fase de redacción en A Coruña, Lugo e Pontevedra e só en execución en Ourense
O Ministerio de Fomento sinala a Jorquera as obras previstas para a protección dos motoristas no Programa de Licitación do 2008. No que atinxe á provincia coruñesa, luguesa e pontevedresa aínda se está na redacción do proxecto, e achega os investimentos previstos: 2,6 millóns para A Coruña, 3,6 millóns para Pontevedra e 1,5 para Lugo.
Unicamente a adecuación da barreira de contención existente para a protección dos motoristas está en execución na provincia de Ourense. O orzamento contemplado é 1 millón. Aquí o Ministerio indica os tramos de actuacións e os puntos quilométricos: N-120, N-525, N-540 e N-541.
Fomento remata a súa explicación ao deputado do BNG, afirmando que o orzamento total dos proxectos para Galiza nesta materia é de 8,8 millóns. O orzamento total previsto para todo o Estado no ano 2008, engade, é de 45 millóns.
O parlamentar do BNG demanda ao Ministerio de Fomento que acelere a supresión dos gardarraís de doble bionda a fin de mellorar a seguridade vial para o colectivo de motoristas.