MOS (MORRAZO-tribuna).- A alcaldesa reuniuse o martes pasado co equipo redactor sen avisar ó resto dos grupos da corporación. O Partido Popular de Mos califica de “lamentable” o feito de que a semana pasada se celebrase unha reunión sobre o Plan Xeral Municipal entre o equipo de goberno e o equipo redactor “ás espaldas” do resto dos membros da Corporación Municipal. Segundo a voceira do PP mosense, Nidia Arévalo, que se pronunciou hoxe sobre este tema, “é vergoñoso que se chegue ó extremo de que un goberno local en minoría, como é o de María Jesús Escudero, que non representa nin sequera á metade dos veciños de Mos, convocase esta xuntanza o martes pasado sen avisar ós demais grupos políticos integrantes da corporación”.
Ante a gravidade deste feito que produciu indignación entre os concelleiros populares, Arévalo insta agora á alcaldesa a “que dea explicacións sobre o seu comportamento e que se comprometa a non voltar a repetir algo así”. Ademais, dende o PP de Mos se lle esixe a Escudero que informe sobre os contidos tratados na citada reunión.
“Advertímoslle á alcaldesa que de seguires con esta actitude no tocante ó Plan Xeral deixarémola soa ante este tema e terá que rendirlles contas, tamén en solitario, ós veciños de Mos”, declarou hoxe Nidia Arévalo, quen recoñeceu con total sinceridade que “ameazamos abertamente a María Jesús Escudero con abandoar o consenso de tódolos grupos municipais sobre o Plan Xeral, xa que se ela quere traballar soa que o faga, pero que non presuma de que colaboramos todos cando en realidade se está a reunir ás nosas costas co equipo redactor”.
Ademais Arévalo lémbralle a Escudero que “ésta é a cuarta vez que se intenta por en marcha o proxecto do Plan Xeral en Mos e a alcaldesa é a máxima responsable de que non estea xa en funcionamento porque nunca foi capaz de aprobalo, e agora, lonxe de mirar polos intereses do municipio neste senso, reúnese o pasado martes en solitario co equipo redactor sen convocar a tódolos membros da corporación”.