PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) certificou que os propietarios de dúas obras ilegais realizadas en solo rústico en Pontevedra e Arteixo veñen de cumprir coas resolucións emitidas pola Administración autonómica e derrubaron finalmente as súas construcións ilegais e ilegalizables. Estas demolicións por parte dos propietarios acadáronse despois de que se lles impuxera reiteradas multas coercitivas co obxectivo de facerlles repoñer a legalidade. Estes dous son os primeiros casos de demolicións de edificacións ilegais (á marxe de obras menores como muros, galpóns, etc.) executados dende a posta en marcha este mesmo ano da APLU.
Pontevedra
A Dirección Xeral de Urbanismo declarou ilegalizables, por resolución do 23 de xuño de 2005, as obras de construción dunha nave industrial no termo municipal de Pontevedra, e ordenou a súa demolición a custa do propietario. A nave contaba cunha superficie total 2.896 metros cadrados e fora construída en terreos clasificados como rústico sen contar coa necesaria autorización urbanística autonómica. Transcorrido o prazo fixado sen que o propietario cumprise coa orde de demolición, impuxéronselle multas coercitivas que foron reiteradas ata acadar que o propio interesado derrubase a construción. Na última visita realizada polos inspectores da APLU á zona comprobaron que a nave foi xa totalmente derrubada, cumprindo así a resolución emitida.