22 noviembre 2008

Méndez Romeu le coge el gusto a las Ferias y se entusiasma con la Semana Verde

SILLEDA/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e presidente da Fundación Semana Verde de Galicia, José Luis Méndez Romeu, expresou esta mañá a importancia de impulsar as feiras como lugar de encontro internacional para que as empresas galegas podan competir mellor. Fíxoo na firma do protocolo de intencións entre a Semana Verde e a localidade portuguesa de Trofa, representada ésta última polo presidente da Cámara Municipal, Bernardino Vasconcelos, e o da Junta de Fegresia de S. Martinho de Bougado, José Sá.
Neste sentido, destacou que o seu obxectivo é “incrementar o negocio e a riqueza” e conseguir que as empresa do sector agropecuario de ambas rexións “podan abrir mercado e captar clientes”. En virtude del as firmas de Trofa poderán “estar aquí con frecuencia” e as galegas poderán estar presentes en Portugal.
Na mesma liña de establecer “circuitos internacionais” o presidente da Fundación Semana Verde mantivo tamén un encontro co delegación da feira Dyrsku´n, a maior de temática agrícola da rexión de Telemark, en Noruega.
Por outra banda, Méndez Romeu calificou á Feira Internacional Semana Verde de Galicia como a “máis importante do sector agropecuario” durante 30 anos e “punto de encontro do sector agropecuario, forestal e de industrias derivadas”. Sinalou ademais que nela se poden encontrar nesta edición “novecentas firmas e empresas que consideran que é o lugar ideal para establecer contactos”