VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A decisión de aprazar, inicialmente ata o vindeiro luns, a resolución do concurso eólico revela que a Xunta de Galicia necesita tempo para acabar de amañar unha concesión sobre as que pesa a sospeita desde o inicio de todo o proceso.
"Visto que o actual Executivo bipartito non está en condicións de asegurar unha decisión imparcial e transparente", o PPdeG inste en reclamar de novo a paralización do concurso ata despois das vindeiras Eleccións autonómicas.
"Visto que o actual Executivo bipartito non está en condicións de asegurar unha decisión imparcial e transparente", o PPdeG inste en reclamar de novo a paralización do concurso ata despois das vindeiras Eleccións autonómicas.
Ángel Bernardo Tahoces, portavoz de Industria e Enerxía do Grupo Popular, considera que o aprazamento de hoxe constitúe unha proba máis da longa sucesión de anomalías dun procedemento no que están en xogo investimentos por valor de 5.000 millóns de euros.
“Calquera persoa medianamente sensata coincidirá con nós que que un investimento equivalente a preto da metade do presuposto anual da Xunta de Galicia precisa ser obxecto dun estudio serio, con plenas garantías de imparcialidade que están ausentes neste caso”, afirma Tahoces.
As enormes repercusión que esta decisión pode ter sobre o conxunto da economía galega non impiden, en opinión do PPdeG, que a Xunta o este xestionando como se se tratase dun xogo de trileiros nunha taberna, sen respectar os procedementos de imparcialidade esixibles en calquera estado de dereito.
Tahoces agrega, ademais, que rebasar o prazo de seis meses recollido na normativa en vigor para fallar o concurso eólico pode ter efectos colaterais, xa que empeza a contar o silencio administrativo.