17 diciembre 2008

Deputación ayuda a construir un centro socio-cultural en el municipio de Covelo

COVELO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Deputación de Pontevedra aprobou a firma dun convenio de colaboración co Concello de Covelo polo cal concédelle unha subvención de 80.000 euros para a construción do centro socio-cultural de Prado de Canda.

A finalidade desta actuación é dotar ao Concello dunha casa comunal destinada a un uso cultural e recreativo no que se poida prestar, organizar, programar e impartir actividades artísticas, culturais, educativas que permita aos habitantes do ámbito rural dispor duns espazos de reunión adecuados e acomodados que favorezan a difusión cultural e o progreso social