COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna).-O voceiro de Industria e Enerxía do Grupo Popular, Ángel Bernardo Tahoces, alertou hoxe que o concurso eólico que se dispón a fallar a Xunta de Galicia "sen garantía algunha de transparencia é imparcialidade cheira a tongo e resulta máis propio de países como Somalia que dunha Comunidade Autónoma avanza na que impera o estado de dereito”. Por iso, o PPdeG solicita a suspensión do concurso.
O feito de que a comisión encargada de valorar os anteproxectos admitidos a trámite " teña sido convocada in extremis, a 24 horas da data prevista para dar a coñecer o fallo do conxurso eólico, non fai máis que incrementar as sospeitas de manipulación dese procedemento".
O feito de que a comisión encargada de valorar os anteproxectos admitidos a trámite " teña sido convocada in extremis, a 24 horas da data prevista para dar a coñecer o fallo do conxurso eólico, non fai máis que incrementar as sospeitas de manipulación dese procedemento".
Así, e aínda no suposto de que esa comisión permañeza reunida, de xeito ininterrumpido, durante 24 horas seguidas, só disporá -segundo o PP- de 1,44 minutos para revisar cada unha das 1.000 solicitudes recibidas inicialmente para optar ao reparto de potencia eólica. Se esas 24 horas se destinasen só aos anteproxectos que superaron o cribado inicial contaría con 8,3 minutos, tempo insuficiente para analizar os aspectos técnicos, pero tamén os proxectos empresariais asociados a cada unha das propostas.
PROCEDEMENTO IMPROPIO DUN PAÍS DA UNIÓN EUROPEA
Para o deputado popular, fallar un concurso desa envergadura despois dun paripé de 5 minutos pon de manifesto a nula credibilidade do procedemento, que non ofrece as mínimas garantías de imparcialidade que deben darse en calquera país integrante da Unión Europea.
Neste escenario, "con Quintana actuando como gran muñidor de favores e prebendas, que semella repartir como se dun caudillo centroamericano se tratase, Touriño compórtase como unha raíña nai que evita entrometerse para evitar que lle movan o sillón presidencial. Só así pode interpretarse que despois de que Touriño anunciase que o Consello da Xunta tería a última palabra no concurso eólico, o conselleiro Fernando Blanco corrixise ao propio presidente para reiterar que será Industria quen teña a últimas palabra".
Para os populares galegos, “Quintana reparte o botín e Touriño consinte o reparto, demostrando unha covardía cómplice que o converte en corresponsable do resultado dun concurso amañado que pode acabar reportando pingües beneficios aos elixidos, e quen sabe se tamén a algún político”, conclúe Tahoces.