VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe, no Pleno do Parlamento que “os orzamentos do bipartito para o 2009 volven ser un inmenso engano económico e unha enorme oportunidade política política perdida. “Un goberno que fai uns orzamentos que non valen, é un goberno que non vale”.
Os populares galegos ten claro que :
• non van ser cómplices do engano duns orzamentos irreais e inútiles que xa caducaron antes de entrar en vigor e que esquecen a austeridade e inciden nos mesmos erros co ano anterior.
• non van ser cómplices duns orzamentos que só van traer máis déficit e máis paro. Porque van acabar deixando as contas públicas con números vermellos de alomenos 1.700 millóns de euros; porque abren a porta a un déficit sen límite que roldará o 2% do PIB e supón un aumento do paro fulminante
ORZAMENTOS CADUCADOS
O Grupo Parlamentario Popular, tendo en conta as declaracións do conselleiro de Economía e do vicepresidente segundo do goberno, pode afirmar que os presupostos nacen caducados porque se Solbes recoñece que as súas previsións económicas están desfasadas e se o conselleiro recoñece que as previsións de Galicia se fundamentan nas dos vicepresidente, como mínimo son uns orzamentos desfasados.
A LEALDADE DA OPOSICIÓN
Feijóo afirmou que fronte ao consenso ofrecido polos populares galegos a resposta do bipartito negarse a escoitar á oposición:
• Rexeitou reunirse coa oposición. Galicia probablemente sexa a única Comunidade na que o xefe do executivo nin sequera aceptou reunirse co líder da oposición.
• Rexeitou todas e cada unha das propostas do grupo maioritario. O bipartito rexeitou apostar pola austeridade; rexeitou apostar pola baixada de impostos; rexeitou apostas polo incremento dos investimentos e, rexeitou retirar o seu plan de precampaña para a “limpeza electoral de cunetas en pleno inverno”.
O CES DESENMASCARA AO BIPARTITO
Os populares galegos consideran que o CES, organismo onde se sentan sindicatos, empresarios, universidades..., desenmascarou ao bipartito ao dicir que agrándase a fenda do investimento en I+D+I en relación con España; o déficit de solo empresarial é cada día máis grave e está a limitar o desenvolvemento de Galicia e; denuncia os alarmantes retrasos no AVE e tamén unha sospeitosa falla de transparencia sobre o estado real da execución das infraestructuras.
Feijóo afirmou que o CES desenmascara o teimudo “plus de resistencia” ao que se segue aferrando o bipartito e Touriño, porque o CES advirte de que a crise chega con retraso a Galicia, pero chega e que, sen embargo, tardaremos moito máis co resto de España en recuperarnos.
O DRAMA DO PARO
Os populares galegos amosaron a súa preocupación pola alarmante evolución do paro, que é o que fai a crise española e galega da crise internacional: porque 1 de cada 2 novos parados europeos rexistrados en novembro é español e; porque no último ano mentras o paro medrou na UE tan so 2 décimas en España medrou 4,3 puntos. “non podemos esquecer –engadiu Feijóo- que nos meses de outubro e novembro, o paro en Galicia medrou máis que en España
UNIDADE E ILUSIÓN
Feijóo afirmou que o momento é dificil e complexo pero “estou convencido que seremos capaces de demostrar que, así como foi posible aplicar política económica distinta á de Gonzalez e Solchaga tamén é posible aplicar unha política económica distinta á de Touriño e Quintana.
Os populares galegos creen que é necesario:
• liderazgo, para tomar a iniciativa e responder con firmeza oa difíciles retos que temos diante
• unidade, para dirixir todos os esforzos na mesma dirección e non malgastar o tempo con lios absurdos
• rigor e planificación, porque das crises se sae con traballo, intelixencia e perseverancia
• eficacia na xestión, fundamental para sacar o máximo partido aos recursos
• e o máis importante, confianza e ilusión, que son os ingredientes fundamentais para darlle a volta á crise e comenzar a recuperar o terreo perdido
O presidente do PPdeG comprometeuse, cando asuma a responsabilidade de dirixir o goberno deste páis, “chamarei a Touriño e Quintana para discutir e consensuar todos xuntos as medidas para sair canto antes deste pozo da crise e do paro”