17 diciembre 2008

Pilar Rojo patalea a las diez de últimas ante los supuestos desmanes del bipartito en materia de vivienda

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).-A nova lei de vivenda promovida polo bipartito sitúa en condición de ser expropiadas ao 80% das vivendas galegas de unha certa antigüidade, como as de máis de 20 anos, segundo alertou hoxe no Parlamento a portavoz adxunta do Grupo Popular, Pilar Rojo.
Esta foi unha das razóns que levaron ao PPdeG a votar en contra do proxecto de lei impulsado pola Xunta a toda velocidade na recta final da lexislatura, nun escenario de “auténtico furor lexislativo” dun Goberno que está máis preocupado polo número de leis aprobadas que pola calidade do seu contido.

Para Rojo Noguera, o máis grave dos supostos expropiatorios contemplados pola Xunta é que afectan enteiramente a propietarios particulares, nunca aos promotores, e sen as necesarias garantías xurídicas para todos os cidadáns.

Ademais, a deputada popular cuestionou que a norma aprobada hoxe unicamente cos votos de PSOE e BNG entre en vigor sen fixar prazos concretos para o seu posterior desenvolvemento regulamentario.

MÁIS PROBLEMAS PARA ACCEDER A UNHA VIVENDA

De igual xeito, Rojo Noguera apuntou que a nova lei do bipartito non só non resolverá os problemas de moitos galegos para acceder a unha vivenda, senón que os incrementará.

Nesta liña, denunciou que, a día de hoxe, en Galicia é moito miáis difícil acceder a unha vivenda ca hai cuatro anos e atribuíu esta situación ao fracaso das política de vivenda do bipartito, no que prima a imposición, como se aos galegos houbese que dircirlles os que hai que facer, como está a suceder co plan sectorial impulsado por Teresa Táboas.

NÚCLEOS DO LITORAL

A voceira popular tamén se referiu á emenda introducida a última hora, co apoio do PPdeG, para tratar de resolver os problemas de legalidade dos núcleos costeiros tradicionais afectados pola Lei de Costas do Estado.

Pilar Rojo recordou que foi unha emenda do PPdeG a que obrigou ao bipartito a “poñerse as pilas” logo dunha lexislatura perdida nesta materia, pero apuntou que a solución proposta desde a Xunta non resolve a totalidade das dificultades plantexadas en numerosos concellos nos que se están a efectuar deslindes, como Moaña ou Ribeira, entre outros.

Para a deputada popular, a única solución posible para os afectados polas incautacións masivas derivadas da aplicación da lei de costas en boa parte do litoral galego pasa por reformar a lei estatal, como ten plantexado o PPdeG.

Fronte á responsabilidade política exhibida polo Grupo Popular coa 117 emendas formuladas durante o trámite parlamentario do proxecto de lei de vivenda, o bipartito volveu facer gala da súa intransixencia e só aceptou 7 e transaccionou 4, unha cifra que desmonta o discurso de diálogo e tolerancia do bipartito.